miniatura|Figura de Lucky Luke nun parque de Ankara. Lucky Luke é unha serie de historietas belga, parte parodia e parte tributo ao mítico afastado oeste dos Estados Unidos, protagonizada polo vaqueiro homónimo. Creada polo debuxante belga Morris en 1946 contou con múltiples guionistas, entre os que se conta René Goscinny. Despois de Tintin e de Astérix, Lucky Luke é o cómic máis popular de Europa continental.

En galego só se publicou un dos seus álbums, A amnesia dos Dalton (1992), traducido por Henrique Harguindey e publicado por Edicións Xerais de Galicia.Banda Deseñada en culturagalega.org

Características

Ao final de cada debuxo animado, excepto nos primeiros números, Lucky Luke vai cara ao sol que se pon, cantando

En varios dos números, os guionistas burlanse do seu propio recurso: nun cómic, Jolly Jumper, o cabalo de Lucky Luke di:

Argumento

Lucky Luke é coñecido por ser

e é un vaqueiro que se enfronta ao crime e a inxustiza detendo proscritos, escoltando caravanas de pioneiros mormóns e exercendo de mediador do Goberno dos Estados Unidos, en misións diplomáticas especialmente delicadas. O 'cowboy' caracterizouse ao comezo da serie por ter constantemente un cigarro na boca, aínda que Morris substituíuno por unha palla en 1983, o que lle valeu o recoñecemento da Organización Mundial da Saúde.

Personaxes secundarios

Jolly Jumper

O cabalo de Luke é Jolly Jumper,

Incriblemente eficiente, sempre acode en axuda de Lucky Luke cando é secuestrado ou encarcerado polos seus inimigos. Lucky e Jolly mestúranse perfectamente: de feito, o cabalo entende o que di o xinete e normalmente fai comentarios sarcásticos. Só nalgúns cómics (como en O bandido mecánico), suxérese que Lucky Luke tamén entende o que di Jolly.

Os Daltons

Os adversarios recorrentes das historias son os irmáns Dalton,

que son Joe, William, Jack e Averell

Foxen constantemente da prisión onde son detidos para sementar o terror nas cidades veciñas e cumprir o soño de Joe Dalton, acabar con Lucky Luke, que, por suposto, nunca logra.

Ran Tan Plan

No penal onde están recruidos os Dalton atópase de gardián Ran Tan Plan, que é

e é absolutamente incapaz de manter o control. Ran Tan Plan tamén acompaña a Lucky Luke en varias aventuras para a desesperación de Jolly Jumper, que o considera un

Ao personaxe de Ran Tan Plan asignóuselle a súa propia serie, traballada por Morris e outros debuxantes, e abarcaba cinco números.V. "Serie derivada".

miniatura|centro|600px|Ran Tan Plan, Billy o Neno, Calamity Jane, Jolly Jumper, Lucky Luke e os Irmáns Dalton: representación na estación do metro de Charleroi, en Bruxelas.

Outros

En varias aventuras, Lucky Luke atopa personaxes reais de Far West, como Calamity Jane, Billy o neno, o xuíz Roy Bean e a banda de Jesse James. Luke tamén participa en acontecementos reais da historia dos Estados Unidos, como a constitución do Pony Express, a colonización de Oklahoma, a aparición do telégrafo e a construción do ferrocarril costa a costa.

Traxectoria editorial

O máis famoso dos guionistas da serie é René Goscinny, coñecido polas súas series Astérix e Iznogud. Despois da morte de Goscinny, varios guionistas, como Bob de Groot, Patrick Nordmann,Patrick Nordmann (n. 1949): cómico suízo da Radio Suisse Romande; na serie de debuxos animados Lucky Luke, ocupóuse do episodio O profeta (Le Prophète), que escribiu e enviou en 1988 e publicouse no 2000. X. FaucheXavier Fauche (n. 1946): guionista de historietas, produtor e director de radio e escritor francés. e Jean Léturgie,Jean Léturgie (n. 1947): guionista francés de debuxos animados. alternáronse na tarefa de escribir os novos guións e o propio Morris escribiu algúns episodios.

Curiosamente, poucas aventuras deste cowboy publicáronse en inglés.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Lucky Luke sitio oficial

Categoría:Personaxes da banda deseñada Categoría:Debuxos animados Categoría:Hanna-Barbera