miniatura|Papeleta dos candidatos do PP ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016. Silvestre José Balseiros Guinarte, nado en Tomonde (Cerdedo Cotobade) en 1961, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Funcionario da administración local, acabou sendo secretario-interventor do concello de Cerdedo. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixido concelleiro e nomeado 1º tenente de alcalde. O 30 de decembro de 2004 foi elixido alcalde de Cerdedo logo da renuncia do seu sogro José Luis Jorge Caramés. Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía encabezando a lista do PPdeG e acadou o 83% dos votos, converténdose no alcalde popular máis votado de Galicia. Dende 2007 foi tamén deputado provincial na Deputación de Pontevedra. En novembro de 2016 tomou posesión como deputado no Parlamento de Galicia. En outubro de 2018 foi nomeado director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado por Pontevedra.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cerdedo Ligazóns externas Entrevista a José Balseiros en Faro de Vigo Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Alcaldes de Cerdedo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1961 Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia