The Road é un filme dirixido por John Hillcoat e escrito por Joe Penhall. Baséase na novela homónima de Cormac McCarthy publicada no 2006. Está protagonizado por Viggo Mortensen e Kodi Smit-McPhee como un pai e o seu fillo nun páramo postapocalíptico. A rodaxe realizouse en Pensilvania, Luisiana e Oregón. Foi estreado o 25 de novembro de 2009 nos cines dos Estados Unidos, e o 4 de xaneiro de 2010 nos do Reino Unido.

Sinopse Un home sen nome e o seu fillo loitan pola supervivencia despois dunha catástrofe apocalíptica (cuxa orixe está sen determinar) que deixou o planeta Terra nun deserto invernal de natureza morta. Durante a súa viaxe cara ao sur da costa americana buscan alimentos, refuxio e calquera cousa de utilidade, evitando constantemente ós bandidos e caníbales que acosan ós superviventes. Durante todo o filme, o pai tenta ensinarlle valores morais ó seu fillo, e como sobrevivir e manter o xuízo nun mundo cunha sociedade sen unións nin esperanza.

Personaxes No filme, ningún dos personaxes ten nome, e nos créditos, simplemente aparece o seu papel no canto do nome.

Viggo Mortensen como Home: Mortensen describiu a interacción do pai co fillo como: "Eles están neste difícil viaxe, e basicamente, é o pai o que aprende do fillo. Kodi Smit-McPhee como Rapaz: No Festival de Cine de Londres, Mortensen explicou que Smit-McPhee foi un dos catro finalistas para o papel. Smit-McPhee foi escollido de xeito unánime, en particular porque semellaba ser novo, inocente e sabio os seus poucos anos Charlize Theron como Muller, a esposa do Home (aparece nos saltos de tempo cara a atrás): Theron era unha fan do libro e xa traballara co produtor Nick Wechsler no filme The Yards (2000). A muller ten un papel meirande no filme ca no libro. Robert Duvall como Home vello (di chamarse Ely; o único nome propio dun personaxe do filme) Guy Pearce como Veterano, home que vaga coa súa familia Molly Parker como Muller maternal, esposa do veterano Michael Kenneth Williams como Ladrón Garret Dillahunt como Membro da banda

Galardóns e nomeamentos 2009: San Diego Film Critics Society Awards: Mellor fotografía. 2009: Utah Film Critics Association: Mellor Actor.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por John Hillcoat Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de Dimension Films Categoría:Filmes rodados en Pensilvania Categoría:Filmes rodados en Luisiana Categoría:Filmes rodados en Oregón Categoría:Filmes sobre canibalismo Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes sobre supervivencia Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América