Carlos Ignacio Labraña Barrero, nado en Cedeira o 29 de maio de 1969, é un escritor galego, especializado en teatro para nenas e nenos. Traxectoria Arquitecto técnico de profesión, comezou a súa relación co teatro asistindo aos cursos de técnica actoral impartidos pola actriz Fusa Guillén. Xuntos fundaron en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á difusión do teatro infantil galego. Con este colectivo participou na escrita de numerosas pezas de teatro para nenas e nenos como O segredo de Daniel (1998) e A Escada (1994), ambas as dúas premiadas na Mostra de Teatro Xeración Nós.
Afastado de Cedeira por motivos laborais, comezou a súa escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Sabela e Antón, con títulos como O teatro dos soños, A viaxe de Farrapos ou Esperta, principiño! Froito da colaboración coa Asociación de Amigos do Samaín na recuperación do tallado de cabazas é a obra Indo para o Samaín, traducida posteriormente ao castelán.
Coa peza Os sons da bugina resultou finalista do premio Meiga Moira de Literatura Infantil no ano 2006. Foi galardoado en dúas edicións co Premio Estornela de teatro para nenos con Teatro de Xoguete (2010) e A pequena compaña (2014), e mención de honra con A fraga das árbores das palabras (2012). Tamén recibiu en cinco ocasións o premio O Facho de teatro infantil polas obras Espantallo (2013), Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada (2014), Estrela... fugaz? (2015), Ícaras (2022) e Iceberg (2025), e o premio Manuel María de literatura dramática infantil por O valo (2016).
Participa na promoción do teatro infantil galego a través de diferentes plataformas, como a Asociación de teatro infantil e xuvenil de España (ASSITEJ), de cuxa directiva formou parte, a Asociación de Literatura Dramática Galega (DRAMATURGA), da que é socio fundador, ou a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), na que coordinou un grupo traballo para a elaboración da Guía do teatro infantil e xuvenil galego.
Fundou a compañía de teatro Os furabolos para levar á escena as súas obras, e na que desenvolve tamén a súa faceta como actor. Estrelamar foi a primeira montaxe estreada.
Obras miniatura|Labraña en 2008.
Teatro infanto-xuvenil O teatro dos soños (2005). Colectivo Garola. Os sons da buguina (2006). Baía Edicións. Esperta, Principiño! (2008). Edicións Embora. Estrelamar (2008). Edicións Fervenza. Lendas da noite de San Xoán (2008). Everest Galicia. Os ratos (2008). Edicións Fervenza. Peter Pan no cabo do mundo (2010). Revista Casahamlet. Teatro de xoguete (2011). Edicións Fervenza. A fraga das árbores das palabras (2013). Edicións Embora. O Galo de Portugal camiño de Compostela (2015). Edicións Fervenza. Espantallo (2015). Edicións Fervenza. Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada (2016). Galaxia. O apalpador (2016). Galaxia. O valo (2017). Xerais. A fada pirata (2018). Edicións Fervenza Estrelecer (2019). Galaxia A Pequena Compaña (2019). Edicións Embora Contra o reloxo (2021). Galaxia. O valo (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Nuria Díaz. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-235-3. ePub: ISBN 978-84-1110-244-5. Mambrú volveu da guerra (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Raquel Lagartos. 80 páxs. ePub: ISBN 978-84-1110-453-1. Mares de Cedeira (2023). [Ferrol]: Edicións Embora. Ícaras (2024). Vigo: Galaxia. 106 páxs. ISBN 978-84-1176-195-6. Ilustracións de Mara Méndez García. Tradución ao castelán do autor publicada no 2025 por Ediciones Invasoras, en edición coas ilustracións da propia Mara Méndez García. ISBN 978-84-18885-81-5. A Biblioteca Galáctica contra a IA fantástica (2024). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-362-2. O galo de Barcelos camiño de Compostela (2025). [Silleda]: Edicións Fervenza. Ilustracións de Gabriel Iglesias. ISBN: 978-84-19840-50-9. Abecedario gastronómico. Elixe o teu menú! (2025). [Ferrol]: Edicións Embora. Ilustracións de Diego Cheda e Quique Vázquez. ISBN: 978-84-19853-21-9. O carteiro de Ximaraos (2025). Vigo: Xerais [coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais, Xunta de Galicia]. Ilustracións de Luz Beloso [Biblioteca Dramática galega, n.º 29]. ISBN: 978-84-1110-712-9; 978-84-453-5513-8.
Teatro adultos "Descociñando", en Cadernos Platta, n.º 4, pp. 35-56. Edición Trilingüe [galego, portugués, castelán]. ISSN: 1888-2412. O Faro (2025). A Coruña: Axencia Galega das Industrias Culturais - Xunta de Galicia; Baía Edicións. ISBN: 978-84-9995-465-3; 978-84-453-5516-9. Ilustración da cuberta: Lorena Añón.
Obras colectivas infanto-xuvenís O segredo de Daniel, 1993, Sotelo Blanco. A escada, 1996, Xerais. 2ª edición en 2009, en Edicións Embora. Hai gato pechado na caixa de Torcuato?, 1996. Unha avoa a catro patas, calcetíns e gravatas. ¡Escapa que vén a Paca!, 1996. O mexillón, 2001, Colectivo Garola. Indo para o Samaín, 2002, Everest. Traducido ao castelán en 2005 na mesma editora co título Camino al Samaín: la fiesta de las calabazas. Pampón tiña razón, 2005. A viaxe de Farrapos, 2008, Xunta de Galicia. Un traballo é un traballo, 2010, Edicións Embora. Peter Pan no Santo André de Teixido, 2020, Soños de Cajamarca, Antela Edicións.
Recoñecementos
A biblioteca do CEIP Nicolás del Río leva o seu nome.
Gañador do II Concurso Xeración Nós de textos teatrais infantís no 1988, por O segredo de Daniel. Gañador do VII Concurso Xeración Nós de textos teatrais infantis no 1994, por A escada, e finalista nesa mesma edición con O teatro dos soños. Finalista no II Premio Meira Moiga de Literatura infanto-xuvenil no 2006, por Os sons da buguina. Gañador do VI Premio Estornela de teatro para nenos no 2010, por Teatro de xoguete. Mención de honra do VII Premio Estornela de teatro para nenos no 2012, por A fraga das árbores das palabras. Gañador do XIV Concurso O Facho de teatro infantil no 2013, por Espantallo. Gañador do XV Concurso O Facho de teatro infantil no 2014, por Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada. Gañador do VIII Premio Estornela de teatro para nenos no 2014, por A pequena compaña. Gañador do XVI Concurso O Facho de teatro infantil no 2015, por Estrela... fugaz?. Gañador do IX Premio Manuel María de literatura dramática infantil no 2016, por O valo Premio á mellor obra de teatro da II Gala do Libro Galego no 2017, por Moito morro corporation, Sociedade Ilimitada. Finalista á mellor obra de teatro da IV Gala do Libro Galego no 2019, por A fada pirata. Gañador do II Premio Platta de Teatro Breve no 2020, por Descociñando. Gañador do XX Concurso O Facho de teatro infantil no 2022, por Ícaras. XXIII Premio de Teatro Infantil 2022 da Fundación SGAE por Mambrú volveu da guerra. XIII Premio Manuel María de literatura dramática infantil pola obra O carteiro de Ximaraos. XVI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adultos, pola obra O Faro. Gañador do XXIII Concurso O Facho de teatro infantil no 2025, por Iceberg. Gañador Concurso de Teatro Infantil Manuel Lourenzo no 2026, por Biosbardos, Trasniños e outros seres moi riquiños. Gañador do IX Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño pola obra Sós.
Vida persoal Foi irmán da lingüista Sabela Labraña.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Cultura galega.org (lg3 literatura) Perfil de Carlos Labraña na AELG.
Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Cedeira Categoría:Nados en 1969 Categoría:Arquitectos de Galicia