Moncho Iglesias Míguez, nado en Vigo, o 6 de abril de 1974, é un escritor e tradutor galego.
Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Vigo, está a realizar o doutoramento en Filoloxía Galega, cunha tese que compara os contos de tradición oral palestinos e galegos. Viviu en Palestina, onde deu clases de castelán nas universidades de Belén e An-Najah de Nablus, e máis tarde en Chongqing, onde tamén exerceu como docente universitario.
Colaborou cos xornais Vieiros e Xornal de Galicia, e as revistas A Nosa Terra e Animal, foi correspondente da Radio Galega. Actualmente colabora con Tempos Novos, Dorna e Praza Pública.
Foi o tradutor dos poemas incluídos no especial Nacerán as oliveiras. A paz na Terra non é para nós?, publicado en Nós Diario o 5 de outubro de 2024.
Obra en galego Poesía -3'141516 (2001). Centro Universitario Indoamericano (México). Oda ás nais perennes con fillos caducos entre os brazos (2007). Positivas. pedras de Plastilina (2012). Toxosoutos. Avoíña/Abuelita (2013). Parnass Ediciones. En formato bilingüe galego-castelán. Tren (2018). Urutau. Cheira (2020). Urutau Baobab (2025). Tempo Galiza. ISBN 978-84-125939-9-0. Poesía e fotografías, un paseo por África.
Narrativa Tres cores: azul (2010). Estaleiro editora. Don Pepe (2018). Do Peirao.
Ensaio Os contos de animais na tradición oral palestina (2008). Fundación Araguaney. miniatura|Con Rocío Viéitez Ferro, presentando un libro en Bueu, Libraría Miranda.
Traducións Premio 2005 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("Unha rosa para Emily", de William Faulkner), 2015, Edicións Xerais. O condutor de autobús que quería ser Deus, de Etgar Keret, 2006, Rinoceronte Editora, desde o hebreo. Saudades de Kissinger, de Etgar Keret, 2011, Rinoceronte Editora, desde o hebreo. Carné de identidade, de Mahmud Darwish, 2012, Edicións Barbantesa. Premio 2014 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("A terra das laranxas tristes", de Ghassan Kanafani), 2015, Edicións Xerais. Premio 2015 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("Fío", de Dena Afrasiabi), 2015, Edicións Xerais. Un mapa do lar, de Randa Jarrar, 2015, Hugin e Munin. Premio 2016 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("O último rei de Noruega", de Amos Oz), 2016, Edicións Xerais. Premio 2017 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("A historia secreta da alfombra voadora", de Azhar Abidi e "As mozas do edificio", de Randa Jarrar), 2017, Edicións Xerais. Premio 2018 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo ("O sol e as súas flores", de Rupi Kaur), 2018, Edicións Xerais. Esfumado, de Ahmed Masoud, 2022, Urutau
Obras colectivas Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV cabodano, 2006. I Certame literario de relato breve e libertario, 2007. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Entre os outros e nós. Estudos literarios e culturais, 2008. Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas, 2009, tresCtres. En defensa do Poleiro. Os escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Os dereitos humanos: unha ollada múltiple, 2011, Universidade de Santiago de Compostela. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). As cantigas de Martín Codax en 55 idiomas, 2018, Universidade de Vigo. A lingua viaxeira, 2022, Axóuxere. Cantos de dor e liberdade, voces galegas por Palestina, 2024, Tempo Galiza.
Premios Terceiro Premio de poesía Féile Filíochta de Dublín no 1999. Premio de narrativa do Concello de Mugardos no 2005. Mención especial no Premio de narrativa do Concello de Mugardos no 2010. Segundo premio no Certame Poético Concello de Rois no 2014. Primeiro premio no IV Certame Literario das Letras Galegas en Frankfurt no 2015. Segundo premio no Concurso do Día das Letras Galegas do Concello de Rábade no 2017. Galardoado nos premios de tradución da Universidade de Vigo nos anos 2005, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018. Premio de xornalismo Johán Carballeira no ano 2018. Primeiro premio de relato no XV Certame Literario Terras de Chamoso, O Corgo, 2021
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Artigos do autor en Vieiros Presentación de Tren na Libraría Cartabón, Vigo
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1974 Categoría:Tradutores do hebreo Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo