Brendan Gleeson, nado o 29 de marzo de 1955 en Dublín, é un actor irlandés. É coñecido por aparecer en filmes como Braveheart, Gangs of New York, In Bruges, 28 Days Later, Troia, os filme de Harry Potter, The Guard e o papel de Michael Collins en The Treaty. Gañou un Premio Emmy no 2009 pla súa interpretación de Winston Churchill no filme Into the Storm.

Traxectoria Brendan Gleeson, nado en Dublín, tivo unha vida á marxe do mundo do espectáculo ata que rematou a universidade, aínda que o seu primeiro papel importante o tivo con 34 anos, na longametraxe irlandesa The Field, en 1990. Antes de adicarse á actuación foi mestre de secundaria nun instituto en Dublín.

Actuou en Braveheart e grazas a este papel acadou máis recoñecemeto e puido trocar un pouco de papeis, intervindo en Turbulence, Mission: Impossible II e A.I. Artificial Intelligence. Tamén destaca o seu papel do auror Alastor Moody na saga de Harry Potter.

Gleeson casou con Mary Weldon en 1982, e ten catro fillos (Domhnall, Fergus, Bríain e Rúairí). É tamén un notable músico, toca o fiddle (ou violín celta).

Ten unha grande amizade co coñecido actor, tamén irlandés, Liam Neeson.

Filmografía Ano Filme Papel Notas1989Dear SarahBrendan DowdTV1990Hard ShoulderLorry DriverTVThe FieldQuarryman1991In the Border CountryGranxeiroSaint OscarTVThe TreatyMichael CollinsTV1992The Bargain ShopJim KennedyM.A.N.: Matrix Adjusted NormalDr. AbrahamCurtametraxeFar and AwayPolicía do club socialConneely's ChoiceJosie ConneelyCurtametraxeInto the WestInspector Bolger1993The SnapperLesterTVLove Lies BleedingThomas MackenTV1994The LifeboatLeslie ParrySerie de televisión1995The Life of ReillyPacienteCurtametraxeBraveheartHamish CampbellKidnappedColin Campbell de Glenure, o Raposo Vermello1996Angela MooneyBarney MooneyMichael CollinsLiam TobinTrojan EddieGinger1997Angela MooneyBarney MooneySpaghetti SlowFrank FergusonTurbulenceStubbsThe Butcher BoyPadre BubblesA Further GestureRichardI Went DownBunny Kelly1998Making the CutFlanaganTVThe GeneralMartin CahillThis Is My FatherGarda JimTVThe Tale of Sweety BarrettSweet Barrett1999Lake PlacidSheriff Hank KeoughMy Life So FarJim Menries2000Mission: Impossible IIJohn C. McCloyHarrison's FlowersMarc StevensonSaltwaterSimple SimonWild About HarryHarry McKee2001J.J. BikerCáca MilisPaulCurtametraxeThe Tailor of PanamaMichelangelo 'Mickie' AbraxasA.I. Artificial IntelligenceLord Johnson-Johnson200228 Days LaterFrankGangs of New YorkWalter 'Monk' McGinnDark BlueJack Van Meter2003Cold MountainStobrod Thewes2004In My CountryDe JagerTroiaMenelaoThe VillageAugust NicholsonSix ShooterDonnellyCurtametraxe2005Kingdom of HeavenRaynald du ChâtillonBreakfast on PlutoJohn Joe KennyHarry Potter e o Cáliz de fogoAlastor Moody2006StudsWalter KeeganThe Tiger's TailLiam O'Leary2007Black IrishDesmondHarry Potter e a Orde do FénixAlastor MoodyBeowulfWiglaf2008In BrugesKen2009Brendan and the Secret of KellsAbbot CellachVozInto the StormWinston ChurchillPerrier's BountyDarren Perrier2010Green ZoneMartin BrownHarry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)Alastor Moody2011The GuardSarxento Gerry BoyleAlbert NobbsDr. HolloranThe CupDermot Weld2012Safe HouseDavid BarlowThe RavenCapitán Hamilton The Pirates! In an Adventure with ScientistsPirata VozThe Company You KeepHenry OsborneThe Grand SeductionMurray French 2013The Smurfs 2Victor Doyle Calvary Father James Lavelle TBAAt Swim-Two-BirdsTBATamén director

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Dublín