Carlos Garrido Rodrigues, nado en Ourense en 1967, é un lingüista, lexicólogo e tradutor galego.

Traxectoria Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Estudoso da lingua especializada, lexicógrafo e tradutor científico, é profesor titular da Universidade de Vigo, onde imparte Tradución de Textos Científicos e Técnicos Inglés/Alemán-Galego. Membro da Comissom Lingüística da Associaçom Galega da Língua entre 2000 e 2015, a partir de 2016 integra a Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos (AEG) da que é presidente en 2022.

Ten publicado artigos en Agália e outras revistas especializadas. Tamén colabora en Sermos Galiza.

Obras Ensaio Dicionário Terminológico Quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados. Alemám, Inglês, Espanhol, Galego-Português (1997). AGAL. 488 páxs. ISBN 9788487305122. Aspectos teóricos e práticos da traduçom científico-técnica (inglês > galego) (2001). AGAL. 324 páxs. ISBN 84-87305-18-0. Léxico galego: degradaçom e regeneraçom (2011). Edições da Galiza. ISBN 978-84-936218-7-2. A traduçom do ensino e divulgaçom da ciência (2016). Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. 448 páxs. ISBN 978-84-8158-713-5. Dicionário de Zoologia e Sistemática dos Invertebrados. Português, Espanhol, Inglês, Alemão (2019). Editora da Universidade de São Paulo. 592 páxs. ISBN 9788531416941. O escándalo do léxico galego: Análise da sua lastimosa degradaçom histórica e denúncia da sua dolosa falta de regeneraçom atual (2022). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. 498 páxs. ISBN 978-84-8487-557-4. Traduçom comentada de textos didáticos e divulgadores: um modelo orientativo para o tradutor em formaçom (2024). Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. 214 páxs. ISBN 9788481589856. Farpas e lampejos regeneradores Artigos de análise e intervençom contra a degradaçom da Língua (2024). Santiago: Através Ed. 148 páxs. ISBN

Obras colecti.vas Manual de Galego Científico. Orientaçons Lingüísticas (2000). AGAL. Con Carles Riera. 2ª edición aumentada en 2011. 464 páxs. Ferramentas para a Traduçom (2004). AGAL. Por um galego extenso e útil (2010). Através Editora. Carvalho Calero atual (2012). Através. O Modelo Lexical Galego. Fundamentos da Codificaçom Lexical do Galego-Português da Galiza (2012). Através. Dicionário Galego do Futebol. Galego-Português, Espanhol, Inglês, Alemám (2016). Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos. Dicionário Galego do Basquetebol. Galego-Português, Espanhol, Inglês (2016). Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos. Compêndio Atualizado das Normas Ortográficas e Morfológicas do Galego-Português da Galiza (2017). Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos. Prontuário de Apelidos Galegos (2019). Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos.

Traducións La sistemática biológica. Plasmación del orden filogenético del mundo vivo, de Peter Ax (1999). Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo. Manual de Evoluçom e Sistemática, de Walter Sudhaus e Klaus Rehfeld (2002). Laiovento. Biologia Evolutiva, de Ulrich Kutschera (2013). Fundação Calouste Gulbenkian. Recordes dos Seres Vivos. Anos e Gigantes, das Bactérias aos Vertebrados, de Klaus Richarz e Bruno P. Kremer (2018). Laiovento. Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo