Russell Charles Means, nado o 10 de novembro de 1939 na Reserva india de Pine Ridge e finado o 22 de outubro de 2012 en Porcupine, foi un actor, músico e activista político síux, tamén coñecido en lingua lakota como Oyate Wacinyapi.

Traxectoria Russell Means nado en Wanblee, Dacota do Sur, nunha comunidade que se atopa no Reserva india de Pine Ridge, é fillo de Theodora Feather e Harold "Hank" Means. Foi bautizado como Oyate Wacinyapin, que en lakota quere dicir "traballa para a xente". Os seus pais eran os dous síux Oglala.

Carreira profesional Means comeza a súa carreira como actor en 1992, encarnando ó xefe Chingachgook en O derradeiro dos mohicanos, un filme dirixido por Michael Mann. A partir de entón aparece en filmes como Asasinos natos, Into The West ou Pathfinder. En Pocahontas, presta a súa voz para o personaxe do pai, o Xefe Powhatan. Tamén a prestou para o videoxogo Under A Killing Moon.

Activismo En 1968 uniuse á American Indian Movement (AIM) unha organización que loita polos dereitos dos indios americanos, e rapidamente converteuse nun dos seus líderes. En 1969, uniuse a un grupo de nativos da organización Indians Of All Tribes (IOAT) para ocupar a illa de Alcatraz durante 18 meses e, ao ano seguinte, converteuse nun dos líderes da organización. Máis tarde ese ano, Means foi un dos líderes da ocupación do monte Rushmore por parte de AIM. En 1972, participou na ocupación AIM da Oficina de Asuntos Indios en Washington, e en 1973 dirixiu a ocupación de Wounded Knee, que foi a acción máis famosa do grupo.

Retratos de Warhol Andy Warhol pintou dezaoito retratos de Russell Means na súa serie de indios de América. O instituto de arte de Dayton ten un deses cadros.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas AIM

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados na reserva india de Pine Ridge Categoría:Finados en 2012 Categoría:Pobo lakota Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Activistas nativos americanos Categoría:Membros do American Indian Movement