Bangui é a capital da República Centroafricana. No ano 2005 tiña 684 190 habitantes. É sede da Universidade de Bangui. A cidade localízase na ribeira norte do río Ubangui, preto dunha serie de rápidos que limitan o transporte dos produtos comerciais, na outra beira do río está a cidade de Zongo, xa na República Democrática do Congo.

Historia A cidade fundouse en 1889 como capital da colonia francesa de Ubangui-Chari.

Véxase tamén

Categoría:República Centroafricana Categoría:Capitais de África