Giuseppe Rossi, nado en Teaneck (Nova Jersey) o 1 de febreiro de 1987, é un futbolista de orixe italiana. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Celta de Vigo, onde xoga cedido pola Fiorentina.
Traxectoria En 2004 o primeiro club polo que Giuseppe Rossi fichou, foi o Parma italiano como xuvenil. Tiña 17 anos, pero foi traspasado ao pouco tempo por 200.000 libras ao Manchester United, onde asinaría o seu primeiro contrato profesional. Alí xogou ata xaneiro de 2007, empezando a xogar cedido no Parma italiano.
Giuseppe Rossi foi fichado polo Villarreal CF o verán de 2007 tras a marcha ao Atlético de Madrid do uruguaio Diego Forlán. Cos seus 11 goles en 27 partidos converteuse nun dos xogadores revelación da tempada 2007-08.
Ao finalizar a tempada 2008/09 apareceron na prensa rumores sobre o interese de varios clubs para facerse cos servizos de Rossi, como a Juventus FC que se dicía que ofrecía 18 millóns de euros e o traspaso de David Trézéguet, ou o Manchester City ou o Manchester United.A Juve ofrece 18 millóns e Trezeguet a cambio de Rossi. Marca.com. Consultado o 13 de xuño de 2009. Sobre todo tras as declaracións que realizou, nas que afirmaba que o seu soño era volver xogar en Italia.Rossi di que o seu soño é volver xogar en Italia. Marca.com. Consultado o 13 de xuño de 2009. En xaneiro de 2011, o Villarreal CF confirma o acordo entre Rossi e o club para a ampliación do seu contrato ata o verán de 2016 desmentindo así calquera rumor que lle vinculaba a outro club.
Selección nacional Foi internacional coa Selección de Italia tanto a nivel absoluto, como nas categorías inferiores ata a Sub-21. Coa Selección Olímpica de Italia en 2008 participou nos Xogos Olímpicos de Pequín, onde terminou como máximo goleador do torneo con 4 goles. O seu primeiro gol coa súa selección anotouno nun partido amigable disputado o 6 de xuño de 2009 en Pisa contra Irlanda do Norte, que servía de preparación para a Copa das Confederacións de 2009, á que foi convocado por Marcello Lippi.
No mencionado torneo internacional, debuto con dous goles no triunfo italiano 3-1 sobre Estados Unidos, no Estadio Loftus Versfeld de Pretoria.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoFootball League CupManchester United Inglaterra2006
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio oficial de Giuseppe Rossi
Categoría:Nados no condado de Bergen, Nova Jersey Categoría:Nados en 1987 Categoría:Futbolistas olímpicos de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Manchester United FC Categoría:Xogadores do Newcastle United FC Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do Villarreal CF Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008