O Servizo de Gardacostas de Galicia, tamén coñecido de modo extraoficial como Gardacostas de Galicia, é o organismo encargado de velar pola garda costeira, vixilancia pesqueira, busca e salvamento e protección do medio mariño nas augas da comunidade autónoma de Galicia, España. Depende directamente da Consellería do Mar por medio da Subdirección Xeral de Gardacostas.

A súa fundación coma corpo de gardacostas data do ano 2004, a raíz da promulgación da Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia. O corpo de gardacostas naceu a partir de servizos que xa estaban a funcionar Galicia, como eran o Servizo de Vixilancia Pesqueira e o Servizo de Busca e Salvamento. No servizo traballan 239 persoas (incluído persoal colaborador doutras empresas),"Estrutura", Gardacostas de Galicia entre eles 112 axentes"Mar reforzará el Servizo de Gardacostas incorporando quince nuevos agentes", La Voz de Galicia, 28 de decembro de 2017 e ten 2 helicópteros, 19 embarcacións, 60 vehículos e 3 camionetas."Medios", Gardacostas de Galicia

Historia Dende a promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, a comunidade autónoma de Galicia dispón de exclusividade en competencias de materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura, e de desenvolvemento e execución da lexislación española en materia de ordenación do sector pesqueiro.

En base a esas competencias, o Parlamento de Galicia aprobou a súa primeira normativa en materia pesqueira, a Lei 5/1985, de 11 de xuño, de sancións en materia pesqueira, marisqueira e de cultivos mariños. Esta normativa, quedaría posteriormente derogada pola Lei 6/1991, de 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros, que sentaría as bases para a creación do Servizo de Inspección e Vixilancia pesqueira.

O mesmo tempo, en abril do ano 1990, a Consellería de Pesca, creou o Servizo de Busca e Salvamento, co obxectivo de «mellorar a calidade de vida do pescador galego». A necesidade da creación dun servizo de busca e salvamento propio naceu a raíz dos numerosos accidentes marítimos nas costas de Galicia, e na falta dun servizo de salvamento a nivel estatal, xa que non sería ata dous anos máis tarde cando nacese a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. Este servizo constituíuse coma o primeiro deste tipo en España, e o segundo en Europa, sendo pioneiro no emprego de medios aéreos civís para as misións de salvamento.

Tras unha década dende a creación destes dous servizos, estimouse necesaria a creación dunha estrutura única, tendo en conta a nova situación socioeconómica do sector e do tráfico marítimo. En 2004 promulgouse a Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia, que englobaba todas estas funcións. miniatura|IP-601 «Punta Roncadoira» en Celeiro. miniatura|IP-700 «Paio Gómez Chariño» en Vigo. miniatura|O «Sebastián de Ocampo» en Viveiro. miniatura|O buque «Irmáns García Nodal» en Vigo.

Unidades de intervención Para a realización das súas tarefas, o Servizo de Gardacostas de Galicia dispón de distintos medios marítimos e aéreos. Dentro das unidades marítimas dispón dun total dun buque remolcador, o Sebastián de Ocampo, un buque de salvamento e inspección marítima, o Irmáns García Nodal, e varias embarcacións de patrulla. As unidades aéreas están formadas por dous helicópteros Sikorsky S-76, mais un terceiro helicóptero para cubrir as paradas de mantemento.

Unidades marítimas + Embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia Código Nome Ano Estado Base Observacións IP-601 Punta Roncadoira En servizo Viveiro Embarcación da Clase Rodman-58. IP-208 Os Cairos En servizo Viveiro Embarcación tipo Zodiac. IP-309 A Miranda En servizo Ferrol IP-120 Serra do Galiñeiro En servizo A Coruña IP-303 Illa Vionta En servizo A Coruña IP-600 Punta Festiñazo En servizo Muxía Embarcación da Clase Rodman-58. Illas Sisargas En servizo Muxía Embarcación tipo Zodiac IP-117 Punta Faladoira En servizo O Porto do Son IP-312 Illa de Onza En servizo O Porto do Son IP-123 María de Pazos En servizo Ribeira IP-118 Pena Forcadas En servizo Ribeira IP-311 Illas Malveiras En servizo Ribeira IP-112 Xistral En servizo Ribeira Gaivotiña En servizo Ribeira Exhibición e ás veces Inspección IP-122 Serra do Faro En servizo Vilagarcía de Arousa IP-308Illa de Cortegada En servizo Vilagarcía de Arousa IP-119Pena Trevinca En servizo Pontevedra IP-209 María Figueroa En servizo Pontevedra Embarcación tipo Zodiac IP-121 Serra do Caurel En servizo Pontevedra IP-111 Serra do Barbanza En servizo Vigo IP-310 Illa de San Simón En servizo Vigo Valentín Paz Andrade En servizo Vigo Buque Escola e Inspección IP-700 Paio Gómez Chariño En servizo Itinerante Embarcación da Clase Rodman-101 Sebastián de Ocampo 2005 En servizo Itinerante Buque remolcador Irmáns García Nodal 2005 En servizo Itinerante Embarcación de inspección e salvamento miniatura|Sikorsky S-76 Pesca 1 en Vigo. miniatura|Pesca 2 en Viveiro. miniatura|Eurocopter Dauphin en Viveiro.

Unidades aéreas Os medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia son dous helicópteros coñecidos como «Pescas», máis un empregado para coberturas de mantemento. Son as sequintes aeronaves:

Aeronave Orixe Matrícula Versión Base Observacións Sikorsky S-76 EC-JES S-76C+ Aeroporto de Vigo Coñecido coma Pesca 1. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa. Sikorsky S-76 EC-JET S-76C+ Heliporto Costa Norte Coñecido coma Pesca 2. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa. Eurocopter Dauphin EC-HIM AS-365N-2 Dauphin 2 Heliporto Costa Norte Baseado en Viveiro para coberturas. Unidade alugada a Helicsa. Anteriormente operou dende a mesma base, antes de ser substituído polo Sikorsky S-76.

Tamén, con anterioridade, outros modelos de helicópteros foron empregados coma medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia coma «Pescas»:

Aeronave Orixe Matrícula Versións Base Observacións Eurocopter Dauphin EC-HCL AS-365N-2 Dauphin 2 Aeroporto de Vigo Empregado coma Pesca 1. Agusta-Bell 212 / EC-FBM AB-212 Heliporto Costa Norte Empregado coma Pesca 2. Agusta-Bell 212 / EC-FBL AB-212 Aeroporto de Vigo Empregado coma Pesca 1. Agusta-Bell 412 / EC-GSK AB-412 Aeroporto de Vigo Empregado coma Pesca 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía O Servizo de Gardacostas de Galicia , Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, 2005. ISBN 84-453-4192-8 Outros artigos Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima Servizo Marítimo da Garda Civil Servizo de Vixilancia Aduaneira

Categoría:Servizo de Gardacostas de Galicia