Francisco García Montes é un político e sindicalista galego.
Traxectoria Perito. Militante da UPG, foi secretario xeral da ING de 1977La Voz de Galicia, 8-11-1977, p. 62. ata 1980. O 3 de outubro de 1980 foi elixido secretario xeral da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) nunha Asemblea en Compostela, logo do acordo de setembro que permitiu a unificación da ING e a CTG. Entre abril e maio de 1981 pola crise interna na UPG entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario entre os que se encontraba García Montes, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario, foi expulsado da UPG xunto con todo o grupo. En 1988 foi elixido membro do Consello Nacional da CXTG.La Voz de Galicia, 17-10-1988, p. 49.
Notas
Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Galicia