Manuel Carlos García Martínez, nado en Santiago de Compostela o 25 de abril de 1945 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 2018, foi un historiador e dinamizador cultural galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito en 1968, asumiu a dirección do Museo do Pobo Galego despois da morte de Antón Fraguas, entidade na que xa fora previamente patrono mentor e fundador, asumindo despois labores de secretario e de subdirector. Foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, académico correspondente da Real Academia Galega, integrante da Comisión Xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, socio fundador da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, presidente do Consello Galego de Museos e socio da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Foi galardoado co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, no ano 1999.
Obras Ensaio Arte rupestre en Campo Lameiro (1973). Concello do Campo Lameiro. Morfoloxía castrexa das Terras de Compostela (1971). Compostellanum 16, 213-258. Tipoloxía da vivenda popular galega (1975-1978). Colexio de Arquitectos de Galicia. De alicerces e devocións: unha ollada arredor das orixes (1999). Fundación Otero Pedrayo. Antonio Rodríguez Fraiz, abade de Campañó, 1912-1995 (2012). Museo do Pobo Galego. Carlos García Martínez. Obra completa (2020). Museo do Pobo Galego. 1066 páxs. ISBN 978-84-88508-67-6. Edición: Justo Beramendi González, Manuel Vilar Álvarez, María Xosé Fernández Cerviño, Rosa Mª Méndez García. Crónica inacabada dunha terra (2020) (ed. de J. Beramendi). En Obra completa (pp. 935-1066).
Edicións De varia etnográfica, de Xaquín Lorenzo, (2004). La Voz de Galicia.
Obra en castelán Ensaio Cista y ajuar funerario de Atios.
Obras colectivas Galicia eterna (I), 1980, Nauta (Barcelona). Con Francisco Fariña Busto e Ana María Romero Masiá.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Homenaxe a Carlos García Martínez (2018) Adra, revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego, 13.
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1945 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela