Manuela Fraguela Seoane, nada en Ferrol en 1944, é unha economista e política galega. Foi profesora na facultade de economía e tenente alcaldesa de Santiago de Compostela. Posteriormente foi directora de Facenda da Xunta de Galicia.
Traxectoria Filla de militar, estudou Económicas en Madrid. Trasladouse a Santiago de Compostela en 1970 e incorporouse como profesora non numeraria á Facultade de Económicas en 1971, na que foi profesora contratada até 1984. En Compostela entrou en contacto coa UTEG e a ANPG. Opositou a secretaria da administración local conseguindo praza nun concello da provincia de Zamora, e trasladouse ao ano seguinte ao de Negreira e despois ao de Narón. Entrou como funcionaria da Xunta e dende 1988 traballou no Instituto Galego de Estatística.
Militante da UPG e da AN-PG, foi cabeza de lista do BNPG pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións xerais. Nas primeiras eleccións municipais da democracia foi elixida concelleira no concello de Santiago pola mesma fronte. En maio de 1981 foi expulsada da UPG. En outubro de 1981 dimitiu xunto con outros concelleiros (Xulio Rodríguez López e Teresa Conde-Pumpido) a raíz dun conflito interno no BNPG que acabou coa súa expulsión xunto a dun bo número de militantes e dirixentes. Logo militou no colectivo Asemblea de Nacionalistas Galegos (formado por ex militantes da UPG e a ANPG como Francisco García Montes) que participou nas reunións previas á creación do BNG, aínda que se retirou en xullo de 1982 acusando á fronte de indefinición ideolóxica.
Foi Subdirectora xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior entre 2006 e 2009. É portavoz da Plataforma de Pensionistas de Compostela.
Vida persoal
Casou con Ramón López-Suevos e é nai da xuíza Ana López-Suevos Fraguela. Notas
Categoría:Políticos do BNG Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes