Carme Fernández-Pérez Sanjulián, nada na Coruña en 1963, é unha filóloga e ensaísta galega.

Traxectoria Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora de Lingua e Literatura galegas. Foi profesora agregada de Bacharelato (desde o ano 1987), se ben, entre anos 1990 e 1993, impartiu aulas na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, exerce como profesora do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Autora de numerosas publicacións sobre literatura galega e portuguesa.

Obras Ensaio A Galiza e o galego nas "Comedias bárbaras" de Valle-Inclán (1986). Cadernos da Escola Dramática Galega. A construcción nacional no discurso narrativo de Ramón Otero Pedrayo (2003). A Nosa Terra. Intenso e Solidario Feminismo. Estudos Rosalianos (2023). UDC

Edicións O mesón dos ermos. Contos, de Ramón Otero Pedrayo, 1997, AS-PG, A Nosa Terra. Fígados de tigre, de Francisco Gomes de Amorim, 2003, Universidade da Coruña. Viaxes e construción do pensamento. Viaxes e viaxeiros na Galiza anterior a 1936, 2012, Universidade da Coruña/Fundación Vicente Risco.

Obras colectivas Literatura galega: textos escollidos, 1991 e 1992, Baía Edicións. Con Miguel Anxo Mato Fondo. Historia da Literatura Galega, 1996, AS-PG e A Nosa Terra. Bibliotecas dixitais, 2005, Laiovento, con Ángeles Saavedra Places. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos.

Premios Premio Sempre en Galiza en 2003, por A construcción nacional no discurso narrativo de Ramón Otero Pedrayo.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña