Xosé Manuel Eyré Val, nado en Río Pedroso (A Laxe, Chantada), o 16 de xuño de 1960, é un crítico literario e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica, subsección galego-portugués na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou na revista Ólisbos. Desde 1988 comezou a publicar crítica literaria en A Nosa Terra, e máis ocasionalmente nas revistas Achantada e Alem-parte. Coordinou a 1ª edición do Certame Mundanal de Contos Ultralixeiros. É profesor de ensino secundario en Lugo.

Tamén colaborou como autor na Historia da Literatura Galega promovida por ANT e ASPG, co fascículo relativo á historia da narrativa actual e dúas antoloxías.

No blog Ferradura en Tránsito II, escribe crítica de libros galegos e tamén da lusofonía.

Obras Narrativa Constelación de Ío (2005). Vigo: Galaxia, col. Illa nova. 148 páxs. ISBN 978-84-8288-825-5. Ou as dúas estaredes mortas (2023). Vigo: Galaxia. 254 páxs. ISBN 978-84-1176-147-5.

Ensaio Nin che conto. Para coñecer e gozar a micronarrativa (2009). Vigo: Xerais.

Edicións Antoloxía da narrativa actual. I e I (1997)., AS-PG e A Nosa Terra.

Obras colectivas Avelino Gómez Ledo no seu centenario (1996). Deputación de Lugo. Con María Olga Varela Rodríguez e Xosé Manuel Vélez. Letras novas (2008). Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Premios Premio á Colaboración Editorial de Edicións Xerais no 2004. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ferradura en Tránsito II Blog do autor

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1960 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria