Rodney Arnold Grant,Rodney A. Grant Biography (1959-) nado o 9 de marzo de 1959 na reserva india Omaha, Nebraska, é un actor amerindio da tribo omaha que é coñecido polo seu papel de "Vento nos seus cabelos" (en lakota: Pȟehíŋ Otȟáte) no filme Dances with Wolves dirixido por Kevin Costner.
Traxectoria Grant medrou na reserva india Omaha en Macy, Nebraska. Despois de que os seus pais biolóxicos o abandonasen, os seus avós criárono dende que tiña seis meses de idade até 1982. Tras un curto período de seis meses de servizo co U. S. Marines e seis anos como reserva, en 1988 comezou a súa carreira como actor. Dende entón, actuou en varios filmes e series de televisión.
En 1990, conseguiu o seu papel máis importante, "Vento nos seus cabelos" no filme Dances with Wolves. Durante a rodaxe Grant tiña bastantes dificultades na aprendizaxe da lingua lakota. Para evitar ser totalmente cortada do filme, ou para acabar como papel de meros figurantes, asumiu traballo a maiores co director de elenco do filme. Ademais de Dances with Wolves, tamén apareceu en filmes como Ghosts of Mars, Wild Wild West, Xerónimo, White Wolves III: Cry of the White Wolf, Wagons East!, The Substitute, War Party e Powwow Highway. Interpretou a "Chingachgook" na serie de televisión Hawkeye e tamén tivo outros papeis en Due South, Two e Stargate SG-1 (episodio "Spirits"). Tamén intepretou a Cabalo Tolo no telefilme de 1991 Son of the Morning Star.
Grant é membro do pobo omaha de Nebraska e participa na organización xuvenil Boys and Girls Clubs of America. Tivo cinco fillos, tres dun matrimonio anterior e dous doutra relación. Posteriormente trasladouse ó sur de California.
Filmografía 1988: War Party 1989: Powwow Highway 1990: Dances with Wolves 1991: Son of the Morning Star 1991: The Doors 1992: Lakota Moon 1993: Xerónimo 1994: F.T.W. 1994: Wagons East 1996: The Substitute 1997: The Killing Grounds 1997: Stolen Women, Captured Hearts 1998: Cry of the White Wolf 1998: Stargate – Kommando SG-1 1999: Wild Wild West 2001: Ghosts of Mars
Notas
Categoría:Actores de Nebraska Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores nativos americanos Categoría:Pobo omaha Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Personalidades sen imaxes