280px|miniatura|dereita|CSI A Coruña 2009 celebrado no Centro Hípico Casas Novas.
O Centro Hípico Casas Novas é un recinto adicado á práctica de deportes ecuestres e ó coidado de cabalos, situado na parroquia de Larín (Arteixo). Comezou as súas actividades en agosto de 2000, por iniciativa do empresario local Amancio Ortega.
Características Casas Novas é unha entidade que está homologada pola Federación Hípica Española cunha categoría de 4 estribos (a máxima posible, nun rango que vai de 1 a 4), sendo o único centro ecuestre en Galicia que acada ese recoñecemento.
O centro ten unha superficie duns 71.000 m, cunhas modernas instalacións que inclúen 60 cortes, 180 boxes para cabalos de competición, unha pista exterior de concurso, unha pista exterior de quentamento, o picadeiro principal cuberto, con cafetería e salón, un picadeiro cuberto máis pequeno para ponis, outro picadeiro cuberto para a escola de equitación, un campo exterior de galope de 500 metros, ximnasio, almacén e celeiro.
Concurso de Saltos Internacional (CSI) O centro organizou o seu primeiro CSI no mes de decembro do ano 2000. A sona e o prestixio do centro e do concurso medraron rapidamente, e Casas Novas converteuse nun referente internacional, de xeito que no ano 2004 o evento se converteu nun concurso de 5 estrelas, a máxima categoría que outorga a Federación Ecuestre Internacional. O concurso abrangue 3 xornadas de saltos, celébrase na pista principal cuberta ante centos de espectadores e retransmitido por varias televisións de todo o mundo.
Polémica por discriminación lingüística miniatura|Concentración contra a discriminación dunha nena de 10 anos por falar en galego en Casas Novas, Arteixo. En xullo de 2015 o centro foi denunciado perante a Mesa pola Normalización Lingüística por discriminación, debido a ataques recibidos por unha nena de 10 anos e a vulneración dos dereitos lingüísticos da mesma por falar en galego durante a celebración dun campamento hípico."O Centro Hípico Casas Novas de Arteixo humilla unha nena de dez anos por falar en galego" , artigo na web da Mesa pola Normalización Lingüística, 27 de xullo de 2015.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Csicasasnovas.com
Categoría:Equitación Categoría:Arteixo