Xoán Carlos Domínguez Alberte, nado en Escudeiros (Ramirás) o 24 de xullo de 1966, é un escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Hispánica (1985-1990) e en Filoloxía Galega (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1994-1998), traballador do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (1998-1999), responsable do Programa de Dinamización Sociolingüística das Comarcas de Galicia, da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1999-2004) e, dende 2004 profesor de Lingua galega e Literatura no ensino público. Entre 2007 e 2009 traballou como asesor da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Dende 2019 forma parte da vogalía por Ourense do consello directivo da AELG. Dende 2012 é colaborador nas cabeceiras de Sermos Galiza e Nós Diario.

Obras Poesía Material de outono (2000). Edições Tema. Lisboa. As horas luminosas (2005). Follas Novas. 60 páxs. Incivil (2009). Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-20-7 . Materia infinita (2011). Follas Novas. Rastros con enrugas (2014). Corsárias. ISBN 978-84-16121-22-9. Partituras (2019), con Mercedes Queixas Zas. Laiovento. 134 páxs. ISBN 84-8487-448-5. Entre_Vistas (2022). Con fotografías de Juan Bautista Vila Oural. 136 páxs. ISBN 978-84-09-40534-3. Faíscas (2024). Laiovento.Laiovento

Infanto-xuvenil Unha de tantas (2007). Brexiña Edicións.

Versos para conversar (2016). Editorial Galaxia. 80 páxs. ISBN 978-84-9151-016-1. Colección Árbore. Soneto no alfabeto (2018). Editorial Galaxia. 64 páxs. ISBN 978-84-9151-153-3.

Nomes (2021). Vigo: Galaxia. 72 páxs. ISBN 978-84-9151-594-4. Ilustrado por Ana G. Buhigas. Teatro A natureza no reino da escuridade. Fírgoas de mocidade aló polo ano de 1919 ou 1920. (2003) Deputación de Ourense.

Ensaio Roberto Blanco Torres e a loita pola supremacía ética. Estudo crítico e escolla poética (1999). Laiovento. 239 páxs. ISBN 9788489896444.

Traducións Lendas, de Gustavo Adolfo Bécquer, 1998, Toxosoutos. ISBN 978-84-89129-11-5 Fábulas completas de Esopo e Babrio, de Esopo e Valerius Babrius (Babrio), 1999, Cásicos Xuntanza. Xuntanza Editorial. ISBN 84-86614-87-2 Arte de amar, de Ovidio, 2001, Clásicos Xuntanza. Xuntanza Editorial. ISBN 84-86614-96-1

Didáctica 2º ESO Lingua galega e Literatura, 1997. Editorial Luis Vives. 3º ESO Lingua galega e Literatura, 1998. Editorial Luis Vives. Material pedagóxico Manuel Luís Acuña de Trives. Educación Infantil, 2002. Material pedagóxico Manuel Luís Acuña de Trives. Educación Primaria, 2002. Material pedagóxico Manuel Luís Acuña de Trives. Educación Secundaria, 2002. Material pedagóxico Manuel Luís Acuña de Trives. Bachalerato, 2002. Materiais para Secundaria. Corenta anos de traballo por Galicia, 2003. 3º ESO Lingua galega e literatura. Edicións Obradoiro S.A/Santillana Educación S.L, 2006. 1º ESO Lingua galega e literatura. Edicións SM, 2007. 4º ESO Lingua galega e Literatura. Edicións Obradoiro S.A/Santillana Educación S.L, 2008.

Edicións e obras colectivas D'o mar e d'a terra. Poesías galegas, de Francisco María de la Iglesia, 1994, coeditor. Algas. (Versos gallegos), de Frei Gumersindo Placer, 1994, coeditor. Aturuxo. Revista de poesía e crítica (Ferrol, 1952-1960), 1994. Centro Ramón Piñeiro. Alba: hojas de poesía = follas de poesía (A Coruña, 1948 - Vigo, 1956), 1995, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Coeditor. Clave Orión, nº I-V (1995-1998). Consellería de Educación. Posío (Ourense, 1945-1946).1995. Centro Ramón Piñeiro. Gelmírez, 1995. Centro Ramón Piñeiro. Posío, arte y letras.1996. Centro Ramón Piñeiro. La Noche. Suplemento del Sábado, 1996. Centro Ramón Piñeiro. Plumas y Letras en La Noche (1946-1949),1996. Centro Ramón Piñeiro. Informe de Literatura 1995, 1996. Centro Ramón Piñeiro. Informe de Literatura 1996, 1997. Centro Ramón Piñeiro. Resol, hojilla volandera del pueblo = folla voandeira do pobo: Galicia (1932-1936), Buenos Aires (1937-1938), Galicia (1990), 1997, Centro Ramón Piñeiro. Diccionario Conceptual Galego, 1998. Xuntanza Editorial. Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, 1998, Centro Ramón Piñeiro. Cristal: revista literaria, Pontevedra (1932-1933), 1998, Centro Ramón Piñeiro. Mulher a fazer vento, 1998. Actas do I Congreso Manuel Luís Acuña, 2001, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, editor. Actas do II Congreso Manuel Luís Acuña, 2005, editor. Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Son de poesía, 2005, Edições Fluviais e Libraría Couceiro. Traballos da cuarta e quinta edición do Premio Literario Manuel Luís Acuña, 2005. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. O ano da memoria na escola, 2006, Concello de Caldas de Reis. Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora. Represión, solidariedade e resistencia antifranquista, 2007. Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, 2008, editor. Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual, 2008, Sotelo Blanco. Voz da terra, arela de pobo. Letras para o Lois Antón: recoñecemento a un nacionalista galego de base, 2009. Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. Ex toto corde. No oitenta aniversario de don Xesús Alonso Montero, 2009. tresCtres. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico. A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos. Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova. Actas do IV Congreso Manuel Luís Acuña 2013. Concello da Poba de Trives. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía. Lois Antón. Lembranzas dun tempo esquecido. Obra dramática, 2013. Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. Lois Antón, A máis fermosa roseira. Cantigas para a escola -2ª ed. 2015. Edizer-Asociación Cultural e Xuvenil de Ramirás. Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Poesía. Anxo Angueira, Val de Ramirás 2ª ed. 2020. Concello de Ramirás. Actas do V Congreso Manuel Luís Acuña, 2021. Deputación de Ourense. Facer Poesía en Celanova. Escola da AELG, 2022 . Imprenta Celanova ISBN 9788409463954 Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova . Aira editorial, 2023. ISBN 978-84-125593-7-8

Premios I Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey en 2017, por O segredo mellor gardado.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Vídeo da presentación de Soneto no alfabeto Vídeo presentación: Versos para conversar. Editorial Galaxia, 2017. O autor xunto con Carlos Lema, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás Rodríguez. Espazo da libraría Cartabón en Vigo.

Video presentación de Xoán Carlos Alberte e Mercedes Queixas "Partituras", Laiovento, 2019. Espazo da libraría Cartabón en Vigo. Vídeo: A literatura galega nas súas voces. AEELG. Inciativa da AEELG realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega para o Xacobeo, 2022. Videoteca AELG: Entrevistas e material videográfico diverso sobre Xoán Carlos Alberte.

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega

Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Ramirás

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela