Rudolph "Rudy" Arthur Marcus, nado o 21 de xullo de 1923 en Montreal (Canadá) é un químico e profesor universitario estadounidense, de orixe canadense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1992.
Traxectoria Estudou química na Universidade McGill, onde se graduó en 1943 e se doutorou en 1946. Posteriormente dedicouse á docencia entre os anos 1956 e 1965 no Instituto Politécnico de Brooklyn, situado na cidade de Nova York, entre 1965 e 1978 na Universidade de Illinois e posteriormente no Instituto Tecnolóxico de California. En 1958 foille concedida a nacionalidade estadounidense.
Investigacións científicas A finais da década de 1950 e a principios da de 1960 formulou a súa teoría sobre as reaccións de redución-oxidación, denominadas redox. Os seus estudos sobre as reaccións unimoleculares e o estado de transición e colisión permitíronlle elaborar en 1952 a Teoría RRKM (Rice–Ramsperger–Kassel–Marcus), ampliación da antecesora Teoría RRK elaborada por Oscar Knefler Rice, Herman Carl Ramsperger e L.S. Kassel nos anos 1927 e 1928.
En 1956 formulou a chamada Teoría de Marcus, que orixinalmente foi formulada para tratar as reaccións de transferencia electrónica de esfera externa, na que dúas especies químicas non están enlazadas directamente a unha á outra, pero despois foi ampliada ás reaccións de transferencia electrónica de esfera interna, na que dúas especies químicas están unidas por unha ponte química, por Noel S. Hush ( a formulación de Hush coñécese como a teoría de Marcus-Hush). En 1992 foi galardoado co Premio Nobel de Química pola súa contribución á teoría das reaccións de transferencia electrónica nos sistemas químicos.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1992 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1992 Rudolph A. Marcus en Biografías y Vidas Perfil de Rudolph A. Marcus en NNDB
Categoría:Químicos do Canadá Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:National Medal of Science Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Montreal Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Premios Nobel do Canadá