Xoán Neira Cancela, nado en Vigo o 22 de maio de 1849 e finado en Ourense o 23 de setembro de 1909, foi un militar, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Foi redactor de El Meteoro de Vigo en 1867, fundou en Ourense os periódicos Galicia Literaria (1883) e Galicia en Caricatura (1889), e colaborou en El Eco de Orense, La Pequeña Patria, La Tertulia, La Concordia, El Trabajo, Follas Novas, Galicia, Galicia Moderna, Galicia Recreativa e La Actualidad. Publicou en Galicia Humorística unha sección titulada "Tipos de Orense" na que se ocupa de persoeiros curiosos como Xan da Coba ou Paco Roque. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e cronista de Ourense (1907-1909).
Obras Poesía Ecos del campamento, 1876. Preludios, 1880.
Prosa El ahorcado, 1879. Caldo Gallego, 1889, Biblioteca Gallega. Programa de los ángeles, 1890. Los juegos florales de Orense, 1901. Montaña de Orense, 1905 (con prólogo de Emilia Pardo Bazán).
Ensaio La morriña, 1907.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1849 Categoría:Finados en 1909 Categoría:Cronistas de Ourense Categoría:Militares de Galicia Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega