Henrique Xosé Dacosta López, nado en Ferrol o 30 de xullo de 1964, é un escritor e profesor galego.

Traxectoria Profesor de Lingua Galega e Literatura. Foi Técnico Especialista en Lingua Galega na Comisión de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Fene.

Colabora habitualmente no suplemento Nordesía do Diario de Ferrol. Ten publicado artigos e investigacións en diversos tipos de revistas e periódicos (Agália, A Nosa Terra, Ferrolanálisis, Crónica de Ferrolterra, Columba, O Sil, Ólisbos, Poesía Galicia etc.), e ten participado como relator en distintos congresos e xornadas sobre lingua galega.

Obras Narrativa

Novela Mar para todo o sempre (1992). Santiago: Laiovento. 92 páxs. ISBN 978-84-87847-18-8. Os desherdados (2006). Ferrol: Edicións Embora. 128 páxs. ISBN 9788495460509. O prezo da tentación (2008). Ferrol: Edicións Embora. 216 páxs. ISBN 978-84-95460-89-9. Entrada ao xardín do saber (2014). Vigo: Redelibros.347 páxs. ISBN 978-8494053887. O día que ao Carlos lle fora mal (2018). Muíño do Vento-ASC de Canido-Ferrol, Viveiro. A Rota do Oeste (2019). Ferrol: Edicións Embora. 312 páxs. ISBN 9788417824037. Illas a sotavento (2019). Vigo: Xerais. 144 páxs. ISBN 978-84-9121-571-4. ePub: ISBN 978-84-9121-575-2.

Relatos

Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias (1995). Santiago: Laiovento. 100 páxs. ISBN 9788487847523. Unha mada de doce relatos (2008). Santiago: Laiovento. 77 páxs. ISBN 978-8484871460. Á deriva (2018). Vigo: Belagua. 88 páxs. ISBN 9788494695964. O extraño caso da bicicleta amarela (2022). Vigo: Belagua Ed. 140 páxs. ISBN 9788412443431.

Ensaio Ferroláns na Historia da Literatura Galega (2007). Ferrol: Edicións Embora. 248 páxs. ISBN 978-84-95460-67-7. Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético (2020). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 120 páxs. ISBN 978-84-9121-625-4.

Obras colectivas Muralla de Crescórnio (1989). Longa lingua: Os contos da Mesa (2002). Xerais. Seis ferroláns (2003). Edicións Embora. Premios Pedrón de Ouro. Certame de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo. Certames XXXII e XXXIII (2008). Ediciós do Castro. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos.

Premios Finalista no I Certame de Relato Curto da Asociación Cultural Cidade Vella de Santiago de Compostela en 1989 por Ruiva mulher de esperança. II Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria en 1991 pola novela Mar para todo o sempre. IV Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria en 1993 pola colección de relatos Sobre comboios, janelas e outras pequenas histórias. XVI Premio Carvalho Calero, na vertente de creación literaria en 2016 por Unha mada de doce relatos. XXV Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey en 2018 por Illas a sotavento.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas http://letras-para-todo-o-sempre.blogspot.com Presentación Á deriva, YouTube

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1964 Categoría:Premio Carvalho Calero