miniatura|A St Patrick's Saltire é usada en ocasións polo goberno Británico para representar a Irlanda do Norte. miniatura|A Union Flag é izada en días sinalados nalgúns edificios do goberno de Irlanda do Norte, Irlanda do Norte está representada na bandeira pola St Patrick's Saltire|borda
Irlanda do Norte non ten bandeira propia desde que o Parlamento de Irlanda do Norte foi disolto en 1973.Baixo o Acto de Constitución da Irlanda do Norte 1973 Durante acontecementos oficiais, o goberno británico utiliza a Union Flag, a cal é a bandeira oficial do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, e é a única bandeira utilizada polo goberno en Irlanda do Norte.
A Saint Patrick's Saltire ás veces é utilizada polo goberno para representar a Irlanda do Norte ó lado dos outros países do Reino Unido, e é o emblema central do Servizo Policial de Irlanda do Norte.
A Ulster Banner aínda é usada por unionistas, algunhas organizacións deportivas en Irlanda do Norte e algunhas autoridades de goberno locais baixo control unionista.
Nin a Saint Patrick's Saltire nin a Ulster Banner poden ser izadas en edificios do goberno de Irlanda do Norte.
Bandeira do Goberno de Irlanda do Norte entre 1953–1972 Deseño
A Ulster Banner ten na súa parte central a figura dunha estrela de seis puntas (o número de condados que pertencen a Irlanda do Norte) de cor branca que contén representada unha man destra (a man vermella do Ulster). A estrela aparece representada baixo a "Coroa Imperial" (do Reino Unido) como símbolo de lealdade á monarquía británica. Esta bandeira foi outorgada polo goberno de Irlanda do Norte en 1924, foi emblema do devandito goberno entre 1953 e 1972, sendo abolida en 1973.
Historia A bandeira de Irlanda do Norte (Ulster Banner) é un estandarte heráldico tomado do escudo de armas concedido en 1924 e baseado na bandeira de Inglaterra e a anterior bandeira do Ulster, co engadido dunha coroa para simbolizar a lealdade dos unionistas do Ulster á monarquía do Reino Unido. O estandarte do Ulster contén a Man Vermella do Ulster no centro. A estrela de seis puntas representa o seis condados de Irlanda do Norte. A bandeira ás veces tamén recibe o nome de Bandeira da Man Vermella, Bandeira de Irlanda do Norte, ou simplemente a Bandeira do Ulster, aínda que non debe ser confundida coa bandeira provincial do Ulster.
Uso actual miniatura|Escudo de Irlanda do Norte Durante eventos oficiais, o goberno británico utiliza a Union Flag, a cal é a bandeira oficial do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, sendo esa tamén a única bandeira oficial utilizada polo goberno de Irlanda do Norte. O estandarte do Ulster foi a bandeira oficial do goberno de Irlanda do Norte dende 1953 até 1972, pero non é probable que volva ser utilizada para representar a Irlanda do Norte ou o seu goberno no futuro xa que, por varias razóns, non é aceptada pola comunidade nacionalista irlandesa.
En 1924 o goberno de Irlanda do Norte recibiu armas heráldicas por decreto real e o dereito a mostralas nunha bandeira ou estandarte. Este dereito foi exercido para a coroación da raíña Isabel II do Reino Unido en 1953. Entre 1953 e 1972 esta bandeira foi utilizada polo goberno de Irlanda do Norte e a bandeira civil de facto. Cesou de ter aprobación oficial cando o Parlamento de Irlanda do Norte foi disolto polo goberno británico pola Acta de 1973.
A Ulster Banner séguese a usar dentro da comunidade unionista (comunidade que promove o mantemento ou o fortalecemento dos vínculos políticos e culturais entre Irlanda, a miúdo e especialmente Irlanda do Norte, e Gran Bretaña) xunto coa bandeira británica. Tamén é utilizada nalgúns eventos deportivos, como por exemplo polos seareiros da selección de fútbol, e autoridades locais baixo control unionista.
Bandeiras relacionadas con Irlanda do Norte
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Símbolos de Irlanda do Norte Irlanda do Norte