A bandeira de Osetia do Sur (en ) aparece descrita na Constitución de 26 de novembro de 1990 e este deseño foi confirmado na Regulación sobre a Bandeira Nacional que se aprobou o 30 de marzo de 1992. É unha bandeira tricolor composta por tres franxas horizontais do mesmo tamaño, branca a superior, vermella a central e amarela a inferior.

A cor vermella simboliza o valor marcial, o branco a pureza moral, e o amarelo a riqueza e a prosperidade. Esta bandeira é practicamente idéntica á de Osetia do Norte-Alania, a única diferenza está nas súas dimensións.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Osetia do Sur Categoría:Bandeiras de suxeitos federais de Rusia Osetia do Sur Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas