José Alberte Corral Iglesias, nado na Coruña o 26 de febreiro de 1946, é un escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias Económicas, fixo estudos de Xornalismo na Universidade Central de Venezuela en Caracas. Exerceu como profesor de ensino secundario antes de se xubilar e participa no labor cultural desenvolvido pola Agrupación Cultural O Facho.

É cofundador da Agrupación Cultural O Facho en 1963, formou parte das súas primeiras directivas e na actualidade preside a organización. Foi militante antifranquista e anticlerical nas organizacións Poder Obreiro e Loita Obreira a prol dunha sociedade anticapitalista, o cal o levou a fuxir para o Chile de Salvador Allende. O establecemento de ditaduras en Chile e a Arxentina ao abeiro do Plan Cóndor fíxoo recalar en Venezuela até despois da morte de Franco. Nese período ingresou no Partido Comunista de Galicia en Caracas.

Obras Poesía Palavra e memória, 1997, AGAL. Acarom da Brêtema, 1999, AGAL. Detrás da palavra, 2004, AGAL. Buracos no espelho, 2007, AGAL. O livro de barro, 2009, Toxosoutos. Gume de navalha, 2014, Editora Emerxente. Horas, 2017, Baía.

Narrativa Do lusco-fusco, 2001, Baía Edicións. Janela Aberta, 2013, Através Editora. A Pena do Vigia, 2016, Guímaro Editora.

Obras colectivas A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Dezaoito, 2011, Círculo Poético Aberto. Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos. Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Obra en castelán Poesía Del amor y la memoria, 1993, Vic.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1946 Categoría:Anticlericais