Gabriel Bordoy Llompart, nado en Palma o 20 de xaneiro de 1947, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria Tras xogar varias tempadas no Atlético Baleares, chegou en xullo de 1969 ao Deportivo da Coruña, da Primeira División, acompañado doutros tres futbolistas do club balear: Juan Tauler, Miguel Parma e Tomás Barrios. Os seus tres compañeiros foron para o Fabril mentres que Bordoy quedou no primeiro equipo.
Xogou cinco tempadas no Deportivo, vivindo tres descensos e un ascenso. Despois da tempada 1973/74, na que o equipo acabou baixando ata a Terceira División, Bordoy foi cedido ao Atlético Baleares e ano seguinte traspasado. Xogou no equipo balear ata 1978.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Palma Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Atlético Baleares Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña