dereita|miniatura|Vista da aldea. Soutelo Verde é un lugar da parroquia do Castro de Laza, no concello ourensán de Laza, na comarca de Verín. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 66 habitantes (28 homes e 38 mulleres), tres menos ca en (28 homes e 41 mulleres, segundo o IGE) e seis menos ca en 2009.
Xeografía O lugar está na marxe dereita o curso alto do río Támega, a 8 km do seu nacemento. Pola aldea pasan dous dos seus afluentes, o río de Carraxo e o rego da Ribeira. Pola aldea pasa o camiño de Santiago, que vai pola estrada OU-113 entre Laza e Vilar de Barrio. No lugar están os barrios do Peso (ao sur do rego da Ribeira, até a ponte do Peso), O Canto (entre o rego da Ribeira e o río de Carraxo, cara á estrada OU-113), Entre as Pontes (entre a ponte do Peso e a ponte do río Carraxo) e A Poula (ao norte do río de Carraxo). Historia e patrimonio dereita|miniatura|Fonte e cruceiro. dereita|miniatura|Peto de ánimas. dereita|miniatura|Capela de San Martiño. O topónimo «Soutelo Verde» fai referencia a un pequeno souto, bosque de castiñeiros.
En 2015 o etnógrafo Bruno Rúa descubriu na fieiteira do Castro dos Mouros un menhir de granito da Idade de Bronce, a coñecida como pedrafita de Rebordiño. O megálito, de 2 metros de alto e 70 cm de ancho, é do tipo «forma cabeza», que trata de imitar un corpo humano de pé, con cabeza e brazos pegados ao corpo. Segundo a lenda, o menhir é un home que se intentou roubar a peza de ouro que sostiña a bóveda baixo o castro, e como castigo o rei mouro o converteu en pedra. Outra lenda conta que cando as mozas ían levar o gando aos prados da Escaceira, a moura que vivía no Pozo da Moura, que nunca secaba, a carón do menhir, insistía en peitealas.
O petróglifo das Ferraduras está formado por catro ou cinco cavidades e un signo en forma de ferradura. Segundo a lenda, a marca da ferradura foi deixada polo cabalo do Apóstolo Santiago ao saltar o monte das Penedas de Avión cara ao monte das Ferraduras. O Castro dos Mouros é un poboado castrexo, posiblemente habitado polos tamaganos, tribo que recibe o seu nome do río Támega. A fortificación estaba rodeada por un foxo que no 80 % do perímetro, de até 10 metros de ancho e 7 metros de profundidade nalgúns tramos, se ben foi alterada por actividades forestais e xa non se conservan restos de muralla ou construcións. Durante a romanización de Galicia pasaba polo val do Támega a Vía Secundaria IV, que unía Chaves e Baños de Molgas.
No lugar dos Trigos, en San Martiño, consérvanse os restos dunha necrópole medieval, alterada polas actividades agrícolas e gandeiras. Atopáronse lápidas de lousa, algunhas con inscricións, que foran reutilizadas para limitar os campos. O nome de San Martiño podería indicar a presenza dunha antiga ermida, que se correspondería co cemiterio.
Hai unha antiga explotación mineira de estaño nas Boreas Fundidas.
A fonte e cruceiro están situados no medio do lugar. Detrás da fonte instalouse un lavadoiro comunal de pedra.
A capela de San Martiño é un edificio rectangular de comezos do século XIX, construído en estilo popular con cachotaría, agás a fachada construída con pedras de cantaría. A portada é alintelada, con fiestras rectangulares a ambos os lados. Sobre a fachada hai unha espadana cunha campá, con dous pináculos nas esquinas do edificio. Anexo á capela hai un peto de ánimas de 1813, a carón do antigo camiño cara ao río Carraxo, co seguinte texto, «Pasajero que vas caminando, socorred las almas que están penando».
Demografía
Economía A actividade económica principal é agropecuaria: agricultura, gandaría e industria madeireira. Antigamente había unha ferraría moi activa e dous zapateiros. Tamén chegou a haber dous bares e dous colmados, se ben na actualidade só sobrevive a panadaría A Casa das Bicas, especializada na fabricación de bicas brancas, variedade típica da zona.
Cultura e festas O Entroido de Soutelo Verde é similar ao Entroido de Laza, con peliqueiros e farrapada.
O terceiro domingo de agosto celébrase a festa da Virxen das Dores, na capela do mesmo nome. Antigamente celebrábase o 15 de setembro, con misa solemne e procesión. Na Semana Santa faise a Procesión do Encontro, na que a imaxe da Virxe das Dolores é levada en procesión a medio camiño cara ao lugar de Castro de Laza, preto do río Támega, onde antigamente había un cruceiro e unha pequena capela adicada a Santa María Magdalena.
Lugares e parroquias Lugares do Castro de Laza
Parroquias de Laza
Notas
Categoría:Lugares de Laza Categoría:Localidades do Camiño da Vía da Prata