Elidir Sais, nado contra 1190 e finado contra 1240, foi un poeta cortesán galés que proviña de Anglesey.

Traxectoria O seu alcume de Sais ("inglés" en galés) suxire que daba feito a falar en inglés, cousa tan infrecuente na época que lle valeu o seu sobrenome. Isto pode indicar que foi obrigado a pasar algún tempo exiliado en Inglaterra.http://yba.llgc.org.uk/en/s-ELID-SAI-1200.html

As poucas obras súas que sobreviven son na súa maioría poesías relixiosas sobre a Santísima Trindade, elexías na morte de varios príncipes galeses e un poema no que se queixa da agresiva política de Llywelyn ab Iorwerth, rei de Gwynedd, á que el se opuña.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía J.E. Caerwyn Williams (ed.), Gwaith Meilyr Brydydd a'i ddisgynyddion (Cardiff, 1994). Inclúe a edición dos textos. Henry Lewis (ed.), Hen Gerddi Crefyddol (Cardiff, 1974).

Categoría:Poetas galeses medievais