A Graña é un lugar da parroquia do Castro, no concello lugués de Begonte. Forma un único núcleo xunto coa Graña (Bóveda). Toponimia O topónimo A Graña deriva do latín , referido a un celeiro ou hórreo onde gardar o gran.
Historia Na Graña houbo un convento de frades beneditinos, da orde do Císter, do que aínda quedan restos. A súa existencia está documentada no ano 1019, xunto coa doutro convento de monxas situado en Senande (Donalbai), xa desaparecido. Atopouse un sartego antropomorfo. No ano 1184 había doce monxes e mais o abade.
En 1187 o rei Fernando II fíxolle doazón ó mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes da granxa de Constantín, que tiña xurisdición sobre as parroquias de Bóveda, Vilariño e O Castro, entre outras.
Lugares e parroquias Lugares do Castro
Parroquias de Begonte
Notas
Categoría:Lugares de Begonte Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias