Anna Hélène Paquin, nada en Winnipeg (Canadá) o 24 de xullo de 1982, é unha actriz neozelandesa.
O primeiro filme co que acadou sona internacional foi The Piano, de Jane Campion, grazas ó que gañou o Óscar á mellor actriz secundaria en 1994, cando tiña once anos, converténdose deste xeito na segunda persoa máis nova en acadar este premio. Despois do éxito en The Piano, a súa traxectoria como actriz colle folgos unha década máis tarde con papeis en filmes como She's All That, Almost Famous e X-Men, sendo neste último onde interpreta a Pícara, papel polo cal é amplamente coñecida.
Malia gañar o premio Óscar tan nova logrou manter unha carreira coherente e moita discreción na súa vida privada. Actualmente, Paquin conseguiu recoñecemento da crítica polo seu papel como Sookie Stackhouse na serie de True Blood e foi premiada co Globo de Ouro á mellor actriz en serie de televisión dramática no 2009.
Traxectoria É filla de Mary Paquin (Brophy, apelido de solteira) mestra de inglés nada en Nova Zelandia e do canadense Brian Paquin, mestre de educación física. Ten un irmán, Andrew (1977), e unha irmá, Katya (1980). Á idade de catro anos marchou coa súa familia a Lower Hutt en Nova Zelandia.
En 1995 produciuse o divorcio dos seus pais e cando tiña 15 anos, trasladouse coa súa nai aos Ánxeles para impulsar a súa carreira como actriz. Cando rematou o instituto trasladouse a Nova York, onde se matriculou na Universidade de Columbia e asistiu as clases durante un ano, ata que decidiu deixar os estudos para continuar como actriz. No 2001, adquiriu a nacionalidade neozelandesa, de xeito que posúe dobre nacionalidade canadense e neozelandesa, aínda que ela se considera abertamente neozelandesa.
Está casada co seu compañeiro do elenco de actores de True Blood, Stephen Moyer, que encarnou o seu mozo tamén na ficción. Anna e Stephen comezaron a saír pouco despois das audicións para a serie, pero non confirmaron a súa relación até febreiro de 2009. Seis meses despois anunciaron que estaban prometidos para casaren o 21 de agosto do seguinte ano en Malibú. Por mor da rodaxe de True Blood, Paquin trasladouse a Venice nos Ánxeles en 2007.
En 2009, Paquin interpretou a Irena Sendler, unha muller polaca heroína do Holocausto, no filme O corazón valente de Irena Sendler, un filme biográfico baseado no libro Mother of the Children of the Holocaust: The Irena Sendler Story, de Anna Mieszkowska.
En 2019, tivo un papel no filme de Martin Scorsese The Irishman, que foi aclamado pola crítica. Ese mesmo ano tamén produciu e protagonizou a serie de televisión Flack e apareceu na serie de televisión The Affair. En 2021, interpretou a muller de Kurt Warner no filme, American Underdog.
Filmografía miniatura|Paquin no ano 2006. miniatura|Paquin co seu home e compañeiro na serieTrue Blood Stephen Moyer, ano 2009. Cinema Ano Título Personaxe Notas Referencias1993The PianoFlora McGrath1996Jane EyreJane Eyre (moza)Fly Away HomeAmy Alden1997AmistadIsabel II de España1998HurlyburlyDonnaTenkū no Shiro RapyutaSheeta (voz)Dobraxe en inglés1999A Walk on the MoonAlison KantrowitzShe's All ThatMackenzie SilerIt's the RageAnnabel Lee2000X-Men Marie / PícaraAlmost FamousPolexia AphrodisiaFinding ForresterClaire Spence2001Buffalo SoldiersRobyn Lee2002DarknessRegina25th HourMary D'Annunzio2003X2 Marie / Pícara 2005 Steamboy James Ray Steam (voz) Dobraxe en inglésThe Squid and the WhaleLili2006X-Men: The Last Stand Marie / Pícara2007Blue StateChloe HamonTamén foi produtora executiva Mosaic Maggie (voz)Trick 'r TreatLaurie2010The RomanticsLila HayesOpen HouseJennie2011Scream 4RachelCameoMargaretLisa Cohen The Carrier Kim Curtametraxe2013Straight A'sKatherineFree RideChristinaTamén produtora2014X-Men: Days of Future PastMarie / PícaraCameo2015The Good Dinosaur Ramsey (voz)2018Furlough Lily BensonThe Parting GlassColleenTamén produtoraTell It to the Bees Dr. Jean Markham2019The Irishman Peggy Sheeran2021American UnderdogBrenda Warner 2023 True Spirit Julie WatsonTBAA Bit of Light Completa, aínda sen estrear
Televisión Ano Título Personaxe Notas Referencias 1997 The Member of the Wedding Frankie Adams Telefilme 2007 Enterrádeme o corazón en Wounded Knee Elaine Goodale Telefilme 2008–2014 True Blood Sookie Stackhouse 80 episodios 2009 O corazón valente de Irena Sendler Irena Sendler Telefilme 2011 Phineas and Ferb Kristen (voz en inglés) Episodio: "The Curse of Candace" 2013 Susanna Katie 6 episodios 2016 Roots Nancy Holt Episodio: "Part 4" 2017 Bellevue Annie Ryder 8 episodios; tamén produtora executiva Alias Grace Nancy Montgomery 5 episodios Philip K. Dick's Electric Dreams Sarah Episodio: "Real Life" 2019–presente Flack Robyn 12 episodios; tamén produtora executiva 2019 The Affair Joanie Lockhart 8 episodios 2021 Modern Love Isabelle Episodio: "In the Waiting Room of Estranged Spouses" 2022 A Friend of the Family Mary Ann Broberg Miniserie
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de televisión de Nova Zelandia Categoría:Actores de cinema de Nova Zelandia Categoría:Actores infantís de Nova Zelandia Categoría:Actores de televisión do Canadá Categoría:Actores de cinema do Canadá Categoría:Actores infantís do Canadá Categoría:Actores de voz de Nova Zelandia Categoría:Actores de voz do Canadá Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Winnipeg Categoría:Canadenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Canadenses de ascendencia francesa Categoría:Canadenses de ascendencia irlandesa Categoría:Canadenses de ascendencia neozelandesa Categoría:Neozelandeses de ascendencia canadense Categoría:Neozelandeses de ascendencia neerlandesa Categoría:Neozelandeses de ascendencia francesa Categoría:Neozelandeses de ascendencia irlandesa