Richard St John Harris, nado o 1 de outubro de 1930 en Limerick (Irlanda) e finado o 25 de outubro de 2002 en Londres (Inglaterra), foi un actor irlandés, cantante-compositor, produtor teatral, director de cine e escritor.
Como actor foi moi prolífico, e os seus papeis de maior sona foron como Rei Artur en Camelot (1967), Oliver Cromwell en Cromwell (1970) e como Albus Dumbledore en Harry Potter e a pedra filosofal (2001) e Harry Potter e a Cámara dos Segredos (2002), o seu derradeiro filme. Tamén encarnou un aristócrata británico e preso en A Man Called Horse (1970), o emperador Marco Aurelio en Gladiator (2000) e o pistoleiro inglés Bob na película de Clint Eastwood Sen perdón (1992).
Como cantante, Harris triunfou coa súa gravación de 1968 da canción de Jimmy Webb "MacArthur Park", que estivo no top ten en Gran Bretaña e os Estados Unidos. En 2020 The Irish Times publicou unha listaxe cos mellores actores de cinema irlandeses, na que Harris aparecía como o terceiro mellor.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Harris, o quinto de nove irmáns, naceu na cidade de Limerick, Condado de Limerick (Munster, Irlanda), no seo dunha familia de clase media firmemente católica. Os seus pais eran John Ivan Harris e Mildred Josephine Harty Harris. Foi educado polos xesuítas no Crescent College.
Destacou polas súas virtudes no rugby chegando a xogar no Garryowen e cando ía encamiñado cara a unha prometedora carreira deportiva como estrela de rugby, colleu a tuberculose e viuse obrigado a deixala práctica deportiva. Despois de recuperarse da enfermidade, Harris trasladouse a Londres co afán de se converter en director de teatro. Ó non atopar ningún curso relacionado coa súa afección, enrolouse na London Academy of Music and Dramatic Art (LAMDA) para estudar interpretación.
Sendo aínda un estudante, Harris alugou o Teatro Irving situado na West End de Londres para dirixir e producir a súa propia produción sobre a obra de Clifford Odets Winter Journey (The Country Girl). O espectáculo tivo un grande éxito pero ó rematar o financiamento tivo que abandonar o proxecto.
Despois de rematar os seus estudos na Academia, Harris uniuse á compañía de Joan Littlewood e comezou a participar en funcións das producións do West End, destacando en The Quare Fellow (1956).
Carreira cinematográfica Debutou no cine en 1958 co filme Alive and Kicking e un ano máis tarde tivo a oportunidade de traballar co director británico Michael Anderson. A década dos 60 comezaría dun xeito excepcional coa súa achega en The Guns of Navarone e en Mutiny on the Bounty xunto con Trevor Howard e Marlon Brando.
A súa primeira aparición como protagonista sería en This Sporting Life, interpretando ó mineiro Frank Machin, papel polo que gañou a Palma de Ouro ó mellor actor no festival de Cannes e un nomeamento ós Premios Óscar.
A súa fama non parou de medrar e cada filme no que participaba tiña máis éxito que o anterior, pero sen dúbida o grande éxito mundial veu da man de A Man Called Horse.
Derradeiros anos Nos derradeiros anos da vida de Richard Harris, o actor irlandés volveu á gran pantalla con pequenos pero intensos papeis nos oscarizados Sen perdón e Gladiator.
Pola contra, será relacionado por sempre co papel de Albus Dumbledore nas dúas primeiras entregas da saga de Harry Potter. Harris morre no 2002 por mor da enfermidade de Hodgkin á idade de 72 anos, poucos meses despois da estrea de Harry Potter e a Cámara dos Segredos. Foi substituído polo tamén irlandés Michael Gambon.
Filmografía Ano Título Papel Notas 1959 The Iron Harp Home irlandés cego Televisión 1959 Alive and Kicking 1959 Shake Hands with the Devil Terence O'Brien 1959 The Wreck of the Mary Deare Higgens 1960 Beleza terrible Sean Reilly 1961 The Guns of Navarone Líder do escuadrón Howard Barnsby RAAF 1961 The Long and the Short and the Tall Edward "Johnno" Johnstone 1962 Rebelión a bordo Seaman John Mills 1963 This Sporting Life Frank Machin 1964 O deserto vermello Corrado Zeller 1965 The Heroes of Telemark Knut Straud 1965 Maior Dundee Capitán Benjamin Tyreen 1966 A Biblia Caín 1966 Hawaii Rafer Hoxworth 1967 Caprice Christopher White 1967 Camelot King Arthur 1970 The Molly Maguires Detective James McParlan/McKenna 1970 A Man Called Horse John Morgan 1970 Cromwell Oliver Cromwell 1971 Bloomfield Eitan 1971 The Snow Goose Philip Rhayadar Televisión 1971 Man in the Wilderness Zachary Bass 1973 The Deadly Trackers Sheriff Sean Kilpatrick 1974 99 and 44/100% Dead Harry Crown 1974 Juggernaut Tte. Cmdr. Anthony Fallon 1976 Echoes of a Summer Eugene Striden 1976 Robin and Marian Rei Ricardo 1976 The Return of a Man Called Horse Lord John Morgan 1976 The Cassandra Crossing Doutor Jonathan Chamberlain 1977 Gulliver's Travels Gulliver 1977 Orca Capitán Nolan 1977 Golden Rendezvous John Carter 1978 The Wild Geese Capitán Rafer Janders 1979 Ravagers Falk 1979 A Game for Vultures David Swansey 1980 The Last Word Danny Travis 1981 Tarzan, o home mono James Parker 1981 Your Ticket Is No Longer Valid Jason 1982 Triumphs of a Man Called Horse John Morgan 1982 Camelot Rei Artur Televisión 1984 Martin's Day Martin Steckert 1984 Highpoint Lewis Kinney 1988 Maigret Jules Maigret Televisión 1988 Trappola diabolica 1989 King of the Wind Xurxo II de Gran Bretaña 1990 Mack the Knife Mr. Peachum 1990 The Field 'Bull' McCabe 1992 Xogo de patriotas Paddy O'Neil 1992 Sen perdón Policía inglés 1993 Wrestling Ernest Hemingway Frank 1994 Silent Tongue Prescott Roe 1994 Abraham Abraham Televisión 1995 Cry, the Beloved Country James Jarvis 1995 The Great Kandinsky Ernest Kandinsky Televisión 1996 Trojan Eddie John Power 1997 Savage Hearts Sir Roger Foxley 1997 Smilla's Sense of Snow Doutor Andreas Tork 1997 The Hunchback Dom Frollo Televisión 1997 This Is the Sea o vello Jacobs 1998 Upright Affair 1998 Sibirskiy tsiryulnik Douglas McCraken 1999 To Walk with Lions George Adamson 1999 Grizzly Falls o vello Harry 2000 Gladiator Marco Aurelio 2001 The Pearl Doutor Karl 2001 Wrestling Ernest Hemingway Frank 2001 My Kingdom Sandeman 2001 Harry Potter e a pedra filosofal Albus Dumbledore 2002 The Count of Monte Cristo Abbé Faria 2002 Harry Potter e a Cámara dos Segredos Albus Dumbledore 2002 Apocalypse Revelation || John de Patmos || Televisión |- | 2002 || The Apocalypse || John || |- | 2002 || Julius Caesar || Lucius Sulla || miniserie de televisión |- | 2003 || Kaena: La prophétie'' Opaz
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Directores de cinema de Irlanda Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Limerick