Fiona Shaw, OBE, nada o 10 de xullo de 1958 no condado de Cork, Irlanda. É unha actriz e directora teatral irlandesa, aínda que é recoñecida internacionalmente polo seu papel secundario como Petunia Dursley nos filmes de Harry Potter, Marnie Stonebrook na cuarta tempada da serie de HBO True Blood (2011), e como Carolyn Martens na serie da BBC Killing Eve (2018–presente). É considerada como unha das mellores actrices clásicas da súa xeración. No ano 2001 foi condecorada comandante da Orde do Imperio Británico pola súa contribución ó teatro.

Biografía Shaw naceu co nome de Fiona Mary Wilson. O seu pai era cirurxián ocular e a súa nai era física. Asistiu á escola secundaria no Scoil Mhuire na cidade de Cork e máis tarde acadou a súa licenciatura na universidade de Cork. Formouse como actriz na Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres. Recibiu unha gran aclamación como Julia na produción do National Theatre de Richard Sheridan The Rivals (1983), un papel que demostra a súa dote na comedia.

Traxectoria Os papeis teatrais máis notábeis inclúen: Celia en Ao voso gusto (1984), Madame de Volanges en Les Liaisons Dangereuses (1985), Katherine en The Taming of the Shrew (1987), Winnie en Happy Days (2007), os papeis principais en Electra (1988), The Good Person of Sechuan (1989), Hedda Gabler (1991), The Prime of Miss Jean Brodie (1998) e Medea (2000).

Shaw interpretou o papel principal en Richard II, dirixida por Deborah Warner en 1995. Tamén colaborou con Warner en varias ocasións, tanto en teatro como en cine. Shaw tamén traballou en cine e televisión, incluíndo O meu pé esquerdo, Jane Eyre, Persuasion, Gormenghast, e na serie de filmes de Harry Potter na que interpreta a Petunia Dursley. Shaw tivo un papel breve pero clave en The Black Dahlia.

No 2008, dirixiu a súa primeira ópera, Riders to the Sea por Vaughan Williams e no 2009 colaborou con Deborah Warner de novo, tomando o papel principal na tradución de Tony Kushner, Mother Courage and Her Children de Bertolt Brecht.

En 2011, Shaw apareceu como membro do elenco regular da serie de televisión True Blood. En 2018, Shaw empezou a interpretar o papel de Carolyn Martens na serie da BBC Killing Eve. Pola súa actuación gañou o premio BARFTA á mellor actriz secundaria nunha serie de televisión. Tamén nese ano, interpretou a oficial MI6 en Mrs Wilson.

Filmografía Cinema AnoTítuloPersonaxeNotas1984The Man Who Shot ChristmasLauraCurtametraxe1985Sacred HeartsIrmá Felicity1989O meu pé esquerdoDoutora Eileen Cole1990Mountains of the MoonIsabel1990Three Men and a Little LadySeñorita Lomax1991London Kills MeHeadley1992The Big FishSen creditarCurtametraxe1992Ridin' High: The VideoBailarina1993Super Mario Bros.Lena1993Coidado coa familia BlueNovacek1995PersuasionSeñora Croft1995The Waste LandSen creditarCurtametraxe1996Jane EyreSeñora Reede1997Anna KareninaLydia1997The Butcher BoySeñora Nugent1998The AvengersPai1999The Last SeptemberMarda Norton2001The Triumph of LoveLeontine2001Harry Potter e a pedra filosofalTía Petunia Dursley2002Close Your EyesCatherine Lebourg2002Harry Potter e a Cámara dos SegredosTía Petunia2004Harry Potter e o preso de AzkabanTía Petunia2005O soño dunha noite de San Xoán (filme)As bruxas (voz)2006The Black DahliaRamona Linscott2006Catch and ReleaseSeñora Douglas2007FractureXuíza Robinson2007Harry Potter e a Orde do FénixTía Petunia Dursley2009Dorian GrayAgatha2010National Theatre Live: London AssuranceGay Spanker2010Noi credevamoEmilie Ashurst2010Harry Potter e as reliquias da morte (1ª parte)Tía Petunia Dursley2010Tell MeMarthaCurtametraxe2011The Tree of LifeAvoa2013The English TeacherNarrator2013The Daisy ChainNarrator2015PixelsPrimeira ministraSen creditar2016The White KingKathrin Fitz2016Out of InnocenceCatherine Flynn2017The HippopotamusAnne Logan2018LizzieAbby Borden2018ColetteSido2020AmmoniteElizabeth Philpot2020Enola HolmesSeñorita Harrison2020KindredMargaret

Televisión AnoTítuloPersonaxeNotas1983All for LoveElspeth"Fireworks for Elspeth"1984The Adventures of Sherlock HolmesSeñorita Morrison"The Crooked Man"1985Love SongDeirdreTelefilme1990Theatre NightClytemnestra"Iphigenia at Aulis"1991For the Greater GoodGillian Savage2 episodios1992Shakespeare: The Animated SeriesViola (voz)"Twelfth Night"1992–95Screen TwoSeñora Croft / Pauline2 episodios1993PerformanceHedda Gabler"Hedda Gabler"1994SeascapeSen creditarTelefilme1997Richard IIRicardo IITelefilme1999RKO 281Hedda HopperTelefilme2000GormenghastIrma PrunesquallorMiniseries (4 episodes)2001Mind GamesFrances O'NeilTelefilme2001The Seventh StreamSeñora GourdonTelefilme2005EmpireFulviaMiniseries (3 episodios)2007Trial & RetributionJo Wilson QC"Mirror Image: Part 2"2009Dido and Aeneas – Didon et ÉnéePrólogoTelefilme2011True BloodMarnie StonebrookPersonaxe recorrente (12 episodios)2013Agatha Christie's MarpleSeñorita Katherine Greenshaw"Greenshaw's Folly"2014Masterpiece MysterySeñorita Katherine Greenshaw"Agatha Christie's Miss Marple VII: Greenshaw's Folly"2015LumenD'LariaTelefilme2015–17Sarah & Duck2 episodios2016Maigret Sets a TrapMadam MoncinTelefilme2016Channel ZeroMarla PainterPersonaxe recorrente (6 episodios)2017Emerald CityMombi2 episodios2017Inside No. 9Jean"Private View"2017Penn Zero: Part-Time HeroHedwin (voz)"Mr. Rippen"2018Mrs WilsonColemanMiniserie (3 episodios)20183Below: Tales of ArcadiaBirdie / Halcon (voz)"Flying the Coop"2018–2022Killing EveCarolyn MartensPersonaxe recorrente (23 episodios)2019FleabagConselleira"#2.2"2021BaptisteEmma Chambers 2022 Andor

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Actores de teatro de Irlanda Categoría:Actores de voz de Irlanda Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados no condado de Cork