O castro grande de Alcaiana, ou de Eira do Coto, é un castro da idade ferro romano situado na Malata, na parroquia de Vizoño do concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado principal de planta circular defendido por un alto parapeto. Ten unha plataforma exterior polo lado sueste, que se defende cunha dobre liña de muros con foxo intermedio. Nas partes norte e oeste aproveitan a caída natural do terreo. O parapeto está cortado polo acceso ó recinto central, na parte sueste, xunto con entullo recente no recinto central.

Ten unhas dimensións en planta duns 120 por 140 metros.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Alcaina Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes