O Castro é un castro situado na parroquia de Castrelo de Miño, no concello ourensán de Castrelo de Miño.
Morfoloxía Consta dun recinto fortificado único de forma lixeiramente oval. Ten unhas medidas aproximadas de 140 metros no eixo noroeste-sueste e 100 metros no eixo norte-sur. Na superficie aparecen espallados restos de cerámica común romana ou castrexa, ademais dalgún anaco de tella romana.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia de Ourense
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Castrelo de Miño. Outubro do 2009.
Castro