Richard Errett Smalley, nado o 6 de xuño de 1943 en Akron, Ohio (Estados Unidos) e finado o 28 de outubro de 2005 en Houston, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.

Traxectoria Estudou química no Hope College e na Universidade de Míchigan, onde se graduó en 1965. En 1973 conseguiu o doutoramento na Universidade de Princeton, realizando posteriormente estudos postdoctorales na Universidade de Chicago, e converténdose en profesor de química na Universidade de Rice en Houston.

Morreu o 28 de outubro de 2005 no hospital M.D. Anderson Cancer Center de Houston, situada no estado de Texas, a consecuencia dunha leucemia.

Investigacións científicas O descubrimento por parte de Harold Walter Kroto dunha nova forma de cristalización xeométrica do carbono, constituída por dous átomos deste material, permitiu a Smalley, e ao seu colaborador da Universidade de Rice Robert Curl, a síntese química desta nova forma denominada fulereno, a cal converteuse na terceira forma máis estable do carbono tras o diamante e o grafito.

En 1996 foi galardoado, xunto con Curl e Kroto, co Premio Nobel de Química polo descubrimento dos fulerenos.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1996 Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1996 Richard Errett Smalley en Biografías y Vidas Perfil de Richard Errett Smalley en NNDB

Categoría:Químicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Nados no condado de Summit, Ohio Categoría:Finados por leucemia Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Nanotecnólogos