John Bardeen, nado en Madison (Wisconsin) o 23 de maio de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 30 de xaneiro de 1991, foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS.
Traxectoria Bardeen foi un neno prodixio con grandes dotes para as matemáticas. Estudou na Universidade de Wisconsin-Madison, tras graduarse entrou a traballar en Gulf Research Laboratories de Pittsburgh, pero o traballo non era do seu interese e déixao para doutorarse en matemáticas pola Universidade de Princeton baixo a dirección do Premio Nobel Eugene Wigner.
En 1938 entrou como axudante na Universidade de Minnesota, durante a participación dos Estados Unidos na segunda guerra mundial traballou nun laboratorio militar.
Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Premio Nobel de Física Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Premios Nobel dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Madison, Wisconsin Categoría:Alumnos da Universidade de Wisconsin-Madison Categoría:Profesores da Universidade de Illinois Urbana-Champaign Categoría:Membros estranxeiros da Royal Society Categoría:National Medal of Science Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade Categoría:Persoas relacionadas coa electricidade Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Físicos cuánticos