O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como zona de protección de aves e zona húmida protexida. É tamén a zona Ramsar Complexo intermareal Umia-O Grove. Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e A Illa de Arousa, cunha extensión total de 2.813 hectáreas.

Destaca pola súa flora e fauna da marisma e, especialmente, pola súa abundante e variada poboación de aves acuáticas invernantes e nidificantes. Ocupan a marisma da ría durante os seus pasos migratorios ou aniñan.

Xeografía Os límites da ZEPA e Ramsar "Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" abranguen varios espazos: esquerda|300px|miniatura A enseada do Umia e do Vao, que están formadas pola desembocadura do río Umia na ría de Arousa, ata o istmo que une O Grove con Sanxenxo e o esteiro interior deste límite. O istmo que forman as dunas e praia da Lanzada. É a barreira que se abre á ría de Arousa ó leste e ó mar aberto do Atlántico ó oeste. Está formado por dunas sedimentarias fixadas pola vexetación sobre un fondo de arxila. Os cantís da costa de San Vicente do Grove: a costa oeste da península do Grove presenta formacións xeolóxicas con grandes cons, furnas, cantís e algunhas praias. O sur da Illa de Arousa e outras illas e illotes achegadas a esta, como os illotes da Rúa, Guidoiro Areoso e Guidoiro Pedregoso. A lagoa Bodeira, que é a única lagoa litoral de auga doce pontevedresa. Esta atópase á beira da praia da Mexilloeira no Grove.

Flora e fauna Flora 300px|miniatura|Cistanche phelypaea, especie que, en Galicia, só se atopa no Complexo Umia-O Grove Neste espazo atópanse varios endemismos de flora, como Cistanche phelypaea. As especies da flora deste espazo en risco de extinción deste espazo natural son:

Especie Alyssum loiseleurii Arabis juressi Chaetopogon fasciculatus subsp. prostratus Cytisus insularis Limonium dodartii Linaria arenaria Lithothamnion corallioides Phymatholithon calcareum Scirpus pungens Utricularia minor

Fauna Aves Por esta ZEPA migran un amplo número de aves migratorias e aniñan. De feito, durante o período invernal poden contabilizarse ata 13.000 a 16.000 aves acuáticas co cal é o principal punto de aves acuáticas galego e o segundo das costas cantábrico-galaicas. Abundan en número as especies limícolas e anáticas, ora invernantes ou non, e as ardeidas que invernan. Algunhas especies a destacar están a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a gabita (Haematopus ostralegus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus).

As especies de aves en risco de extinción deste espazo natural son :

Especie Charadrius alexandrinus Circus cyaneus Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Haematopus ostralegus Hydrobates pelagicus Phalacrocorax aristotelis Puffinus mauretanicus

Lexislación O "Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" está amparado baixo as figuras de protección : Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) “Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", declarada o 2 de xaneiro de 1990, modificada o 19 de abril de 2001 e regulada pola plan director da Rede Natura 2000 establecido no Decreto 37/2014. Zona húmida protexida “Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", que ten 2.813 ha., que foi declarada o 7 de xuño de 2004 co Decreto 110/2004, do 27 de maio. Zona húmida de Importancia Internacional (Convenión de Ramsar) “Complexo intermareal Umia-O Grove", cunha extensión de 2.561 ha., que foi declarado o 5 de decembro de 1989 pola comisión do convenio Ramsar.

Ademais, a súa totalidade está amparada por outra figuras de protección da Rede Natura 2000, a Zona Especial de Conservación (ZEC) “Complexo Ons-O Grove”. Este espazo natural inclúe ademais ás illas Ons. Esta área tamén cadra parcialmente co IBA 003 "Ría de Arousa (O Grove)" do inventario de 1998 da SEO/BirdLife.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Leiro, Adela; Daporta, Mon; e Caamaño Rivas, Victor M.: Espazos naturais. Provincia de Pontevedra. A Nosa Terra, Vigo 2003. La Voz de Galicia: “O Salnés amplía su ámbito de protección con la Red Natura 2000”, en La Voz de Galicia 3.03.2002. Varios: A enseada do Umia-O Grove. Asociación de Ensinantes do Salnés, 1991. Varios: “Complexo Ons-O Grove”, en O Bugallo nº 23, agosto 2002.

Categoría:Zonas de especial protección para as aves de Galicia Categoría:Zonas húmidas protexidas de Galicia Categoría:Sitios Ramsar Categoría:Provincia de Pontevedra