Tera Patrick, nada en Great Falls (Montana) o 25 de xullo de 1976, é unha actriz, directora e produtora porno estadounidense gañadora de varios premios da industria pornográfica.

Traxectoria Patrick comezou como modelo en sesións fotográficas para Playboy, Penthouse ou Hustler. En 1999 pasou ao cinema pornográfico e dende aquela participou en máis de cen películas para adultos, converténdose nunha das actrices porno máis exitosas. En 2009 ingresou no Salón da fama de AVN. Patrick ten seis premios AVN, tres premios F.A.M.E. e un premio XRCO, entre outros.

Véxase tamén

Ligazóns externas Club Tera Sitio web oficial

Categoría:Actores porno dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Blogueiros Categoría:Actrices de porno heterosexual