miniatura|O vello xardineiro (Emile Claus). Chámase xardineiro ou xardineira á persoa que ten por ocupación o coidado e mantemento dos xardíns.
Entre as ocupacións dos xardineiros atópanse a conservación de sementes ou bulbos dentro do sementeiro; o cultivo de flores e plantas ata que teñan a idade suficiente para ser transplantadas etc. Estas primeiras actividades adoitan realizarse baixo cuberto, no invernadoiro, pero tamén poden realizarse en terreos habilitados no exterior. miniatura|Der Herbst (Abel Grimmer 1607). Os xardineiros tamén se ocupan da preparación e o tratamento da terra na que deben ser colocadas, da poda, os enxertos, a retirada de flores e plantas mortas e a súa substitución por outras, a mestura e preparación de insecticidas e outros produtos para o tratamento de pragas ou fertilizante do xardín. No xardín, plantan as flores e outras plantas segundo o programa establecido atendendo a criterios estéticos. Ademais, preparan os terróns ou a herba artificial que deba ser colocada.Descrición do posto de traballo do xardineiro
Para o seu traballo axúdanse de diferentes ferramentas e maquinaria eléctrica tales como:
angazos, utilizados para preparar o terreo pas, utilizadas para retirar a terra eixadas, de diferentes tamaños, serven para remexer a terra vasoira de xardineiro, úsase para retirar os desperdicios xerados no traballo cortacéspede, máquina que corta o céspede e almacénao nun recipiente mochilas con tratamentos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xardín Xardinaría Horticultura Plantas Flores
Categoría:Xardinaxe Categoría:Ocupacións