Richard Anthony Monsour, máis coñecido como Dick Dale, nado o 4 de maio de 1937 en Boston (Massachusetts) e finado o 17 de marzo de 2019 en Loma Linda (California), é un músico estadounidense, pioneiro do surf rock xunto a The Ventures e líder da banda Dick Dale & The Do-Tones.
Traxectoria Dick Dale é coñecido como o Rei da guitarra surfeira, e en 2003 a revista Rolling Stone considerouno como un dos 100 mellores guitarristas de tódolos tempos.
Gravou 12 álbums até a data, sendo o primeiro Surfers' Choice, de 1962, que inclúe a popular canción: Misirlou.
Misirlou é a súa canción máis coñecida, estando incluída na banda sonora do filme Pulp Fiction de Quentin Tarantino de 1994. O reverb empregado nesta canción é unha grande influencia para practicamente todos os músicos de Surf. No seu disco Monkey Business, os Black Eyed Peas utilizan o son de Dale para a canción Pump It de 2005.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Guitarristas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Boston, Massachusetts Categoría:Estadounidenses de ascendencia belarusa Categoría:Estadounidenses de ascendencia libanesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia polaca