O dolmen de Pedra Moura é un monumento megalítico situado na parroquia de Aldemunde (Carballo). Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.

Características O dolmen de Pedra Moura é un dos máis grandes de Galicia, conta unhas dimensións de 2,40 m por 3,20 m. O túmulo está desaparecido e os ortóstatos foron movidos, só dous están na súa localización orixinal e só conserva cinco dos sete chantos que o conformaban inicialmente. O máis alto chega aos 2,30 m de altura.

Segundo a lenda, a pedra foi traída por unha moura, que a trouxo na cabeza mentres fiaba nunha roca e daba de mamar a un bebé A web de Turismocarballo.com explica así un mural pintado por Nómada nunha das rúas de Carballo: "Se inspiró en la leyenda de A Pedra da Moura de Aldemunde, según la cual las piedras del dolmen fueron acarreadas por una "moura" al mismo tiempo que amamantaba y fiaba"..

Notas

Véxase tamén Outros artigos Megálito Dolmen Lista de megálitos de Galicia

Categoría:Carballo Pedra Moura