O castro de Morro Canide, tamén chamado Castrillón, é un castro situado na parroquia de Maianca, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía Na actualidade non se aprecian estruturas visibles do recinto fortificado. As recentes obras de urbanización da área alteraron moito a orografía do lugar. Hai indicios da existencia dun poboado da Idade de Ferro polo achado de varios fragmentos de cerámica castrexa e común romana, depositados actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Morro Canide