O castro de Xoez, tamén chamado castro das Grobas, é un castro situado na parroquia de Serantes, no concello coruñés de Oleiros.
Morfoloxía Non se aprecian estruturas visibles dun recinto fortificado. Na área, que conserva o topónimo de Castro, hai un grupo de casas situadas en disposición circular. A zona está delimitada por unha antiga congostra que podería ser o resto dun antigo foso.
Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
Outros artigos Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Ligazóns externas Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Xoez