Alfred Louis Charles de Musset, nado en París o 11 de decembro de 1810 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1857, foi un escritor francés.
Traxectoria Empezou a estudar ós nove anos no colexio Henri-IV, onde obterá en 1827 o premio de disertación literaria no Concurso Xeral. Grazas a Paul Foucher, cuñado de Victor Hugo empeza ós seus 17 anos a frecuentar O Cenáculo, o salón de Charles Nodier na biblioteca do Arsenal.
Despois de exercitarse coa medicina, o dereito, o debuxo, o inglés e o piano, é un dos primeiros románticos. Ós seus 20 anos a súa notoriedade literaria vai acompañada dunha dubidosa reputación alimentada pola súa faceta dandy.
Desde 1833 até 1835 é o apaixonado amante de George Sand. Como poeta publica os seus Contos de España e Italia. Os seus poemas máis soados son Rolla e as noites. Tamén escribe algunhas comedias: O candelabro, Non chancemos co amor, Non hai nada que xurar. Tamén escribe novelas en prosa como A Confesión dun fillo do século, dedicada a George Sand.
Foi bibliotecario do Ministerio do Interior durante a Monarquía de xullo e logo destituído en 1848. Máis tarde tamén foi bibliotecario do Ministerio de Instrución Pública durante o Segundo Imperio.
Recibiu a Lexión de Honra o 24 de abril de 1845 ó mesmo tempo que Balzac e é elixido membro da Academia Francesa en 1852.
Obra miniatura|Tumba en Père Lachaise. Obra do escultor Jean Auguste Varre. 1824 - À ma mère. 1826 - À Mademoiselle Zoé le Douairin. 1828 - Un rêve, L'Anglais mangeur d'opium. 1829 - Pemières poésies. 1830 - Contes d'Espagne et d'Italie, La quittance du diable. 1831 - La coupe et les lèvres, Namouna. 1832 - Spectacle dans un fauteuil, A quoi rêvent les jeunes filles. 1833 - Lorenzaccio, Les caprices de Marianne, Rolla, André del Sarto. 1834 - Fantasio, On ne badine pas avec l'amour, Une nuit vénitienne, Perdican, Camille et Perdican. 1835 - La quenouille de Barberine, La nuit de mai, La nuit de Dêcembre, Le chandelier. 1836 - Il ne faut jurer de rien, Lettre à M. de Lamartine, Faire sans dire, La nuit d'août, La confesión d'un enfant du siècle. 1837 - Un caprice, La nuit d'octobre, À la Malibran, Emmeline, Les deux maîtresses, Lettres a Dupuis et Cotonet. 1838 - Le fils du Titien, Fréderic et Bernerette, L'espoir en Dieu, Dupont et Durand, Margot. 1839 - Croisilles. 1840 - Tristesse, Une soirée perdue. 1841 - Souvenir. 1842 - Le voyage où il vous plaira, Sur le paresse, Histoire d'un merle blanc, Aprés une lecture. 1844 - Pierre et Camille, Le secret de Javotte, Les frères Van Bruck. 1845 - Il faut q'une porte soit ouverte ou fermée, Mademoiselle Mimi Pinson. 1849 - Louison, L'Habit vert, On ne saurait penser à tout. 1850 - Poésies nouvelles, Carmosine. 1851 - Bettine, Faustine. 1853 - La mouche. 1854 - Contes.
Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Finados por sífilis Categoría:Nados en 1811 Categoría:Finados en 1857 Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Bibliotecarios