miniatura|Interpretación freudiana dun voitre no cadro de Leonardo da Vinci Santa Ana, A Virxe e o Neno, descubrimento efectuado inicialmente por Pfister, e acollido por Freud con bastante reserva.
Eine Kindheitserinnerung des Leonardo da Vinci (en galego Un recordo infantil de Leonardo da Vinci) é unha obra de Sigmund Freud de 1910. Trátase da aplicación dos métodos da psicanálise clínica ó estudo biográfico de personaxes históricos. O presente traballo sobre Leonardo da Vinci foi a última incursión a grande escala de Freud no campo da biografía debido ó recibimento de desaprobación posterior.Un recordo infantil de Leonardo da Vinci. Nota introductoria de James Strachey. Páx. 57.
Contido Na obra desempeña un papel fundamental o recordo ou fantasía de infancia de Leonardo de ser visitado no seu berce por unha ave de presa introducíndolle a cola na súa boca. Diso deriva precisamente o maior defecto da incursión de Freud: a tradución errónea do termo orixinal miñato por voitre.Ibídem. De aí abandonarase a idea do paxaro oculto no cadro Santa Ana, A Virxe e o Neno, así como o nexo co xeroglífico correspondente á palabra exipcia nai, dado que en ámbolos casos se alúde a un voitre e non ó miñato do caderno de anotacións de Leonardo.Ibídem. 58.
Con todo, considérase que o erro de Freud non afecta á esencia do estudo debido ás seguintes consideracións: A detallista reconstrución da vida emocional de Leonardo da Vinci a partir dos seus primeiros anos. A descrición do conflito entre os seus impulsos artísticos e científicos. A profunda análise da súa historia psicosexual.
Engadíndose colateralmente diversas temáticas de considerable importancia: Unha análise máis xeneralizada da natureza e operacións anímicas do artista creador. Un trazado inicial da orixe dun dos tipos de homosexualidade. A primeira exposición completa do concepto de narcisismo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Leonardo da Vinci Santa Ana, A Virxe e o Neno Homosexualidade Narcisismo Sublimación
Bibliografía
Ligazóns externas ''Un recordo infantil de Leonardo da Vinci
Categoría:Sigmund Freud Categoría:Ensaios en alemán Categoría:Obras literarias de 1910 Categoría:Psicanálise