Black Swan é un filme de suspense psicolóxico e horror"Direct Effect Season 1, Episode 7 Darren Aronofsky of BLACK SWAN". Fox Movie Channel Originals. TV Guide. October 8, 2011."'Black Swan' director Darren Aronofsky likes a challenge". Los Angeles Times. 9 de decembro de 2010 dirixido por Darren Aronofsky e estreado en 2010. Está protagonizado por Natalie Portman, Vincent Cassel e Mila Kunis.
Natalie Portman gañou un Oscar, un Globo de Ouro e o Premio da Asociación de Críticos e Guionistas estadounidenses pola súa actuación neste filme.
Sinopse Thomas Leroy (Vincent Cassel), director dunha compañía de ballet de Nova York, decide substituír a bailarina principal da compañía, Beth MacIntyre (Winona Ryder), por Nina Sayers (Natalie Portman) para a nova produción, unha nova versión d'O lago dos cisnes. Beth, anoxada, sofre un accidente e Nina pensa que é a culpable.
Nina vive con Erica (Barbara Hershey), bailarina retirada e unha nai moi autoritaria quen segue a tratala como a unha nena. Atopa competencia en Lily (Mila Kunis), unha talentosa bailarina que acaba de chegar á compañía. Nina é abrumada por unha inmensa presión cando descobre que ten que competir por ser a Raíña Cisne, o que lle causa perdas da noción da realidade.
O Lago dos Cisnes precisa dunha bailarina que poida interpretar o inocente Cisne Branco, moi acaído á personalidade doce de Nina. Porén, tamén ten que ser quen de interpretar o malvado Cisne Negro, que concorda coa personalidade sensual e forte de Lily.
A rivalidade das dúas rapazas torna en amizade. Nina comeza a explorar o seu propio lado escuro, que sobresae cada vez con máis forza.
Personaxes Natalie Portman como Nina Sayers Mila Kunis como Lily Vincent Cassel como Thomas Leroy Barbara Hershey como Erica Sayers Winona Ryder como Beth MacIntyre Benjamin Millepied como David Moreau Ksenia Solo como Veronica Kristina Anapau como Galina Janet Montgomery como Madeline Sebastian Stan como Andrew Toby Hemingway como Tom
Galardóns e nomeamentos 2010: Oscar á mellor actriz (Natalie Portman). 5 nomeamentos, incluído mellor filme. 2010: Globo de Ouro á mellor actriz (Natalie Portman). 4 nomeamentos, incluído mellor filme. 2010: BAFTA á mellor actriz (Natalie Portman). 12 nomeamentos, incluído mellor filme. 2010: Festival de Venecia: Mellor actriz ou actor moza/o (Mila Kunis). 2010: 4 Independent Spirit Awards: mellor filme, director, actriz (Natalie Portman) e fotografía. 2010: Satellite Awards: 5 nomeamentos, incluído director e actriz principal (Natalie Portman).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Páxina Web oficial
Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Darren Aronofsky Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes de Dune Entertainment Categoría:Filmes de Cross Creek Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de terror psicolóxico