A mi madre le gustan las mujeres é unha película de cine española dirixida por Inés París e Daniela Fejerman.

Sinopse Elvira é unha rapaza duns vinte anos, guapa pero bastante insegura, coincide coas súas irmás, Jimena e Sol (como as fillas do Cid) na casa de súa nai, unha célebre pianista separada do pai das fillas hai tempo. Unha vez na casa, a nai comunícalle ás súas fillas que está namorada e que ten unha relación cunha persoa, mais a alegría tornarase sorpresa cando descobren que se trata dunha muller. As irmás intentan reaccionar de xeito educado, pero Elvira afundirase nunha tremenda crise de identidade sexual. Ademais, as irmás conspirarán para separar á súa nai da súa moza.

Elenco Leonor Watling - Elvira Rosa María Sardá - Sofía María Pujalte - Jimena Silvia Abascal - Sol Elisca Sirova - Eliska Chisco Amado - Miguel Álex Angulo - editor Aitor Mazo - psiquiátrica Xabier Elorriaga - Carlos

Véxase tamén Ligazóns externas A mi madre le gustan las mujeres en México Anos de Filmes - Minha Mãe Gosta de Mulher / A Mi Madre le Gustan las Mujeres

Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes sobre temática LGBT de España