Xosé Antonio Cascudo Rodríguez, nado en Guitiriz o 16 de marzo de 1976, é un escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña. Máster en Sociedade do Coñecemento e Técnico Superior en Fotografía Artística. Realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Filosofía moral e Antropoloxía social da USC onde traballa sobre o cineasta Alexander Sokurov, figura sobre a cal organizou en maio do 2008 o seminario Alexander Sokurov, a voz solitaria do home, no Centro Galego de Arte Contemporánea.

No eido cinematográfico realiza a obra de carácter experimental Ladaíña nº 1 (fendendo) (2008), como guionista é autor da peza A realidade máxica dirixida por María Cordero, e supervisor de Vikingland (Xurxo Chirro, 2011). Así mesmo colaborou en labores críticas coa Axencia Audiovisual Galega, coa revista Audiovisual Galego e co suplemento cultural Kalaikia. No 2014 dirixiu o documental O Instante Eterno sobre o poeta galego Xosé María Díaz Castro.

É tamén poeta, mantedor do blog Ficcionario, e autor do poemario Manual do misántropo, vencedor do 1º Premio do Certame GZ Crea e publicado por Espiral Maior no 2007.

É profesor na USC, departamento de Ciencias da Comunicación. Tamén é profesor no instituto IES Xelmirez I de Imaxe e Son.

Obra literaria Poesía Manual do misántropo (2007). Culleredo: Espiral Maior. 72 páxs. ISBN 9788496475502.

Ensaio

A mística da feminidade en Mad Men (2023). Vigo: Galaxia. 174 páxs. ISBN 978-84-1176-048-5.

Obras colectivas A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). libro electrónico.

Cinematografía

A realidade máxica (2008). Guionista O instante eterno (2014). Director e guionista Alfa i Omega (2014). Director e guionista

Premios Primeiro premio do Certame GZ crea de poesía no 2006, por Manual do misántropo. 2022: Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A mística da feminidade en Mad Men.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog: Ficcionario.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Guitiriz Categoría:Nados en 1976