miniatura|dereita|Tradición taurina en Sarria.
A Feira Taurina de Sarria é un evento que forma parte do programa dos festexos de San Xoán na localidade luguesa de Sarria. Nos anos 2008 e 2010 non se levou a cabo por razóns económicas, xa que o Concello de Sarria non destinou fondos para a celebración das corridas de touros.
Sarria é unha das localidades de Galicia cunha tradición taurina máis importante e antiga , con Padrón, Noia, A Coruña e Pontevedra, pero tamén ten unha cantidade grande da súa poboación que é contraria a esta tradición.
A praza de touros portátil construíase cada ano na zona de Outarela, entre o centro de saúde e o hotel Alfonso IX, cunha capacidade para 4000 persoas. Nos derradeiros anos o festexo consistía nunha corrida cun novilleiro e dous toureiros, seguidos dunha solta de vaquillas. En 2009 un dos toureiros foi José Antonio Canales Rivera.
A celebración futura deste evento taurino en Sarria é moi dubidosa, debido a razóns económicas e de presións ecoloxistas, e a pesar do apoio das dúas peñas taurinas da localidade.
Véxase tamén Ligazóns externas Vuelven los toros a Sarria-Lugo artigo publicado en www.pontevedrataurina.org en xuño do 2009 "Volvieron los toros a Sarria" artigo de La Voz de Galicia do 29 de xuño de 2009 "Jesulín toreará en Sarria si el Concello se compromete a respaldar la corrida" artigo de La Voz de Galicia do 13 de maio do 2010 "Queja gastronómica para pedir que haya toros en San Xoán" artigo de La Voz de Galicia do 29 de xuño de 2010
Categoría:Sarria Categoría:Feiras Categoría:Tauromaquia