Mónica Bar Cendón, nada en Vigo o 30 de maio de 1962, é unha filóloga e ensaísta galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola UNED (1988. Ten estudos de doutoramento, especialidade en Teoría da Literatura e Literatura Española, UNED (2001-2003) e conseguiu o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en 2003. É tamén titulada en Arte Dramática polo Instituto del Teatro de Sevilla no 1988. É especialista en Igualdade e Impacto de Xénero.

Formou parte do Consello de redacción da revista cultural Festa da Palabra Silenciada, na que colabora asiduamente desde 1993. Tamén publica artigos en diversos diarios galegos como La Voz de Galicia e Faro de Vigo.

Obras Poesía Arrancando ao volapé, 2009. Amor sacrílego, 2010.

Narrativa Formigator, 2006.

Ensaio Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha, 2010, Xerais.

Traducións Canon de alcoba, de Tununa Mercado, 1999, Xerais. A pedra angular, de Emilia Pardo Bazán, 2003, Xerais.

Obras colectivas Narradoras, 2000, Xerais. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Poesía.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora

Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade Nacional de Educación a Distancia